Site icon Crónica3.com A Mariña

A Consellería de Vivenda esta disposta a dialogar sobre o Plan de Solo Residencial de Ribadeo

RIBADEO (FNC) .- A Consellería de Vivenda está disposta a dialogar sobre o plan de solo residencial de Ribadeo, segundo se desprende do encontro que esta tarde mantiveron en Santiago co director xeral do IGVS, Daniel Pino, co delegado provincial de Vivenda, Cosme Pombo e co redactor do plan o alcalde de Ribadeo e voceiro do BNG, Fernando Suárez e o voceiro municipal do PP, José Carlos Rodríguez Andina.

O rexedor lamenta que “non acudiran os outros voceiros da oposición”. Fernando Suárez subliña “a disposición moi positiva e moi favorable e pouco encasillada da administración autonómica xa que non están pechados só a ese lugar proposto inicialmente para a construción de vivenda libre e protexida en Ribadeo, pero si que insisten en destacar a importancia que terá para o noso concello ese plan”.

O alcalde engade que “hai quen fala de que se está a furtar o debate da moción presentada polos partidos da oposición e non é así, porque se tratará de xeito inminente en pleno. Só lles quero dicir que falando entendese a xente e que falar non está reñido con ningunha cor nin con ningún matiz político e o que se está a intentar é falar e chegar a acordos positivos para todos”.

Exit mobile version