Site icon Crónica3.com A Mariña

A Consellería de Vivenda renova o contorno das vivendas sociais do Valadouro

VALADOURO .- A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, investiu 43.963 € na reurbanización do entorno das vivendas protexidas de promoción pública (VPP) do Valadouro, situadas no núcleo de Ferreira –nas rúa Feira Nova, avenida Deputación e Rúa Fonte nova- co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos residentes. O delegado provincial da Consellería en Lugo, Cosme Eladio Pombo, realizou unha visita a este espazo para supervisar o remate das obras.

En concreto, as obras consistiron na construción de beirarrúas, a construción de muros de peche, a colocación de mobiliario urbano (bancos, papeleiras e unha fonte do mesmo material que as farois) e a plantación de sebe.

Trátase dun edificio de soto, baixo e dúas plantas. O inmoble alberga 16 vivendas de 3 dormitorios e 80,6 metros cadrados de superficie útil e outras 4 vivendas de 4 dormitorios e 90 metros cadrados de superficie útil. Todas teñen rocho e praza de garaxe.

A Consellería de Vivenda e Solo fixo un investimento de 1.225.530 € na construción destas vivendas.

Exit mobile version