Site icon Crónica3.com A Mariña

A estrada de Celeiro a O Castelo terá oito quilómetros e un prazo de execución de tres anos

A MARIÑA .- A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, ven de licitar por 49,7 millóns de euros o treito de estrada de Celeiro a O Castelo con un prazo de execución de tres anos. Esta obra, de oito quilómetros de lonxitude, pertence ao corredor da Costa Norte que unirá Ferrol con San Cibrao no ano 2011, según indicou fai unhas semanas o presidente da Xunta de Galicia e a conselleira Caride. A obra da vía de alta capacidade Costa Norte está sen comezar e so se adxudicou o tramo da variante de Ortigueira a Espasante, na provincia de A Coruña, de unns 10 quilómetros de lonxitude. Restan os tramos San Sadurniño Campo do Hospital de 19,1 quilómetros, Campo do Hospital enlace coa AC-101 de 8 quilómetros, Espasante O Barqueiro de 11 quilómetros, O Barqueiro Covas 10,1 quilómetros e a variante de Viveiro con 19,1 quilómetros.

FONTE

Política Territorial saca a concurso por 50 millóns de euros a construción do treito do corredor da Costa Norte entre Celeiro e San Cibrao

O prazo de execución será de 36 meses contados a partires do inicio das obras

A construción da Vía de Alta Capacidade da Costa Norte que unirá Ferrol con San Cibrao suporá un investimento de 276 millóns de euros

Santiago, 9 de xaneiro de 2009.- A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, ven de licitar por 49.707.000 euros e un prazo de execución de 36 meses as obras de construción do treito Celeiro-San Cibrao, pertencente ao do corredor da Costa Norte que unirá Ferrol con San Cibrao (no termo municipal de Xove), tal como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia.

O treito Celeiro-San Cibrao ten unha lonxitude de oito quilómetros que discorren polos termos municipais de Viveiro e Xove e contará con catro enlaces (Celeiro, Xove Oeste, Xove Este e San Cibrao). Ademais, xa foron adxudicadas as obras do tramo da variante de Ortigueira, que comezará a executarse en breve.

A Consellería de Política Territorial investirá un total estimado de 276 millóns de euros na execución de toda a vía de altas prestacións da Costa Norte, que discorrerá ao longo de 90 quilómetros e será prolongada tamén con características de corredor polo Ministerio de Fomento dende San Cibrao ata Barreiros, punto no que enlazará coa Autovía do Cantábrico (A-8).

Cómpre lembrar que a Consellería de Política Territorial reformulou o proxecto inicial para garantir que sexa unha vía deseñada cos mellores parámetros de calidade e seguridade viaria e coa capacidade suficiente para atender a demanda de vehículos prevista. Neste senso, a CPTOPT introduciu unha serie de melloras de xeito que a infraestrutura terá características de corredor, é dicir, que dende o punto de vista técnico estará deseñada para o seu desdobramento en autovía cando a intensidade do tráfico o requira.

Exit mobile version