Site icon Crónica3.com A Mariña

A exposición Galicia Biodiversidade ábrese ao público en Sargadelos

CERVO .- A exposición “Galicia Biodiversidade” da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia e promovida polo concello de Cervo, permanecerá aberta ao público dende hoxe luns, 19 de xaneiro, no centro expositivo de Sargadelos.

Segundo indicou o concelleiro de Educación do Concello de Cervo, Antonio Basanta, esta mostra pretende que todos os galegos e galegas coñezamos a diversidade de ecosistemas, de especies e variedades xenéticas que se conservan en Galicia, “que se estimule a toma de conciencia sobre a importancia e necesidade de conservar o noso tesouro natural, e que desenvolvamos comportamentos positivos para a conservación das especies e dos súas hábitats” salientou o edil cervense.

Neste senso o responsable en materia educativa cervense animou a todos os veciños do municipio e doutras localidades a visitar a mostra e salientou o seu carácter didáctico. “Por iso, dende o Concello temos programado unha serie de visitas guiadas para que todos os escolares dos centros educativos do concello podan visitala” indicou.

A mostra está composta por 19 paneis explicativos e fotográficos e permanecerá aberta ao público en xeral ata o vindeiro venres, 23 de xaneiro de 10:00 a 14:00 h. en horario de mañá, e de 16:00 a 20:00 pola tarde.

Exit mobile version