Site icon Crónica3.com A Mariña

A popular Elisa Crego di que a socialista Remedios López usa o concello en Burela como gardería

Nota de Prensa

O GMPP afirma que Remedios López usa as instalacións do concello coma se fose a súa casa.

Elisa Crego asegura que López “concilia” a súa vida familiar e laboral levando os nenos ó concello.

Considera que é un agravio hacia os traballadores municipais.

O GMPP reiterou hoxe por segunda vez o uso que fai Remedios López das instalacións municipais, xa que a concelleira socialista fai uso delas coma se fosen a súa casa.

Elisa Crego manifestou hoxe nunha nota de prensa que a conciliación da vida familiar e laboral que fai Remedios López é mui singular e extraña, xa que leva os fillos ó concello cando ten que asistir a reuniòns, en horario laboral tal, como aconteceu o pasado día cinco, luns. Ese día, Remedios López tivo unha reuniòn no concello sobre o pacto territorial de emprego, e tivo ós seus fillos durante dúas horas no despacho que viña ocupando como responsable de Economía.

Segundo Crego, que deixou claro que a familia directa da concelleira socialista non ten culpa ningunha do comportamento amoral e inconsciente de López, estase a dar un agravio comparativo cos traballadores do concello que teñen fillos, que teñen que buscarse fórmulas para deixalos na casa, ou con familiares, ou pagar a persoas para que os antendan. López en cambio soluciona o asunto usando o concello como gardería, o que lle sale gratis. Se non é quen de asumir que tén que gardar as formas, mellor que se vaia para a casa.

Esto demostra, segundo o GMPP, o desprecio dos socialistas hacia as institucións, o uso partidista e particular que fan das mesmas e das súas dependencias, e o pouco que lles importan os dereito dos demais. A postura de Remedios López é totalmente indefendible, en todo momento reprochable e denunciable, porque non é un feito aillado, xa que o fixo máis veces, e ademais conta cos parabéns do alcalde, que é o máximo responsable desta situación totalmente surrealista, que xa está a dar moito que falar. Por riba, a reunión non era para tratar asuntos que lle afecten ó concello de Burela, senón unha reunión do pacto de emprego, que tén a sede en Foz, e polo que Remedios López vai cobrar un bon soldo despois de acadar un posto de traballo como xa sabemos.

Para os populares, esta é a demostración palpable da doble linguaxe dos socialistas, que falan de conciliación da vida familiar e laboral, pero da deles. Finalmente, cabe  preguntarse, como  lle resolve o concello de Burela a conciliación ós traballadores e traballadoras municipais con fillos? Poden tamén levalos para os seus postos de traballo, sí ou non?

Exit mobile version