Site icon Crónica3.com A Mariña

Acceso a Ciclos Formativos e desfile de Perrucaría do IES Perdouro

BURELA.- O IES Perdouro informa que do 19 ao 30 de xaneiro, estará aberto o prazo para a inscrición ás probas de acceso a CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR. A celebración da proba terá lugar o 3 de ABRIL. Para máis información pódese acceder á páxina do Instituto

DESFILE DE PERRUCARÍA
O Auditorio Municipal da Casa da Cultura de Burela acollerá ás oito da tarde (20:00 h) do próximo domingo 25 de xaneiro un desfile de perrucaría. A actividade está organizada polo Departamento de Imaxe Persoal do IES Perdouro en colaboración co alumnado do Ciclo Medio desta especialidade.

Na pasarela estarán alumnos e alumnas do ciclo de imaxe persoal, de ESO e Bacharelato así como nenos e nenas de diferentes centros da comarca. Na gala o público poderá observar diferentes estilos de recollidos (festa, fantasía, clásico e vangardista). En directo mostraranse dous cortes de cabelo con diferentes técnicas e un recollido de fantasía.

O Ciclo Medio de Perrucaría conta cun plantel de 4 docentes que atenden un total de 31 alumnos e alumnas dunha área xeográfica comprendida entre Viveiro, Ribadeo, a Ponte Nova e Mondoñedo.

Exit mobile version