Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros instalará un ascensor no concello con cargo ao Fondos Estatais

BARREIROS (FNC) .- O Concello de Barreiros xa presentou os catro proxectos que realizará con cargo aos fondos estatais de inversión. Son 574.000 euros os que lle corresponderon neste reparto.

Segundo informou no día de hoxe o alcalde, Alfonso Fuente, “vaise realizar a fase de recuperación do Parque do Areal en San Miguel de Reinante. Unha obra que terá un custe de 141.000 euros. Tamén vamos rehabilitar unha casa de propiedade municipal que existe en Cabarcos para destinala a servizos municipais e a local de reunión dos veciños. O investimento neste caso será duns 130.000 euros”.

Fuente Parga engade que “con cargo a eses fondos o outro proxecto que presentamos é para completar o saneamento na costa ó que destinamos 199.000 euros e a última das obras será para mellorar a accesibilidade do Concello co fin de que calquera persoa poida acceder á primeira planta onde se atopa o salón de plenos. Aí vamos instalar un ascensor e colocar unha pasarela que comunicará co edificio que está ó lado do Concello para aumentar tamén os locais municipais. Neste caso a inversión andará polos 104.000 euros”.

Exit mobile version