Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros pon en marcha un programa de recollida de roupa para rapaces menores de 16 anos

BARREIROS .- (FNC) O Concello de Barreiros pon en marcha un programa de recollida de roupa para nenos e nenas menores de 16 anos. Segundo explica a concelleira de Servizos Sociais, Alina Rodríguez, “este programa está dirixido a toda aquela poboación do concello que queira doar as prendas dos seus rapaces, que xa non usan, podendo así depositalas nas oficinas dos Servizos Sociais deste Concello”.

A edil popular sinala que “desta forma as familias con nenos ó seu cargo e que se acollan a este programa poderán presentar a súa solicitude para a recollida da roupa no noso departamento. Un dos requisitos importantes que se esixen para a donación destas prendas é que se atopen limpas e en bó estado, é dicir, que non estean rotas, queimadas, manchadas… Dende a Alcaldía e dende a Concellería de Servizos Sociais de Barreiros queremos dar as gracias por adiantado a todas aquelas persoas que participen nesta campaña”.

Alina Rodríguez tamén agradece “a colaboración dos veciños de Barreiros pola acollida que lle dispensaron ó programa Un neno, un xoguete, posto en marcha nas pasadas festas de Nadal. A xente prestóuse de xeito desinteresado para a donación dos seus xoguetes e desta forma fixeron que moitos nenos do noso concello poideran disfrutar con ledicia deses momentos tan maravillosos para eles como son a aparición dos Reis Magos e facer realidade os seus soños de espertar á mañá seguinte cun xoguete nas mans”

Exit mobile version