Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela mete no plan estatal de obras a rehabilitación do multiusos e a eliminación de barreiras

BURELA .- O equipo de goberno do Concello de Burela está a ultimar as memorias das obras que incluirá no fondo estatal de inversión que destina a este municipio 1.600.000 euros. Segundo o alcalde, Alfredo Llano “estamos preparando todo con tempo de sobra para presentalas de xeito inmediato”.

Entre as obras que se realizarán con cargo a esa partida figuran a reparación e execución de beirarrúas, asfaltado, alumeado e marcas viais en varias rúas da vila; asfaltado de camiños e formación de cunetas na zona da Marosa, Vilar e Cancelo; colocación dunha depuradora na área deportiva da Marosa, que segundo o rexedor “é moi necesaria nesa zona”; renovación de marcas viais e pasos de peóns en Vilar; renovación de alumeado na zona deportiva da Marosa; renovación e ampliación de alumeado público nos Castros, A Casilla, Vila do Medio e Pascual Veiga; reposición de farolas e mobiliario urbano en Arcadio Pardiñas (1ª fase); canalización soterrada de alumeado público e reposición de farolas en varias rúas céntricas e no Cantiño; rehabilitación do edificio multiusos e eliminación de barreiras arquitectónicas na Casa da Cultura…

Alfredo Llano asegura que “estamos vendo si ese 1.600.000 euros é suficiente para realizar todas estas obras e incluso si podemos meter e facer algunhas máis. O que temos moi avanzadas son as memorias que presentaremos. Estes días estábamos a traballar a tope neste asunto”.

Exit mobile version