Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela presentou proxectos para os Fondos estatais para un investimento de 1.600.000 euros

BURELA (FNC) .- O Concello de Burela presentou hoxe toda a documentación dos 15 proxectos que subvencionará con cargo ós fondos estatais de inversión e que suporán un investimento de preto de 1.600.000 euros. Segundo o concelleiro de Obras, Pascual Doménech, “o que se pretende coa execución deste fondo foi repartir de xeito equitativo os investimentos para chegar a facer obras en todos os barrios de Burela, e así poder gozar todos das melloras tanto de ditos proxectos como das actuacións en edificios públicos e zonas deportivas”.

Burela destinará 110.000 euros á pavimentación de rúas e marcas viais en Marqués de Sargadelos, Mondoñedo, Bouzas, Ramón Basanta Ben, José Mariño Ben, José M.González Río, Laxelas, San Xoan Bautista, Luis Seoane e un tramo de Celso Emilio Ferreiro. Deses fondos estatais o Concello de Burela prevé realizar a reposición e execución de beirarrúas, asfaltado, alumeado e marcas viais nas rúas Rafael Vior e Zeppelin que contarán cun orzamento de 121.000 euros.

Para o asfaltado de camiños e formación de cunetas na zona da Marosa destiñan 119.000 euros. Este proxecto contempla actuacións nos camiños da Marosa a Ril, Foxo, Carreiro ou Mulariño, Camiñeiro e o enlace de Mulariño coa Marosa. No caso do asfaltado de camiños e formación de cunetas nas zonas de Vilar e Cancelo a inversión ascende a 84.000 euros e prevé obras nos camiños do Carballo, das Laxas, de Pardiñas e Camiño a Vilar.

Entre os proxectos elaborados polo equipo de goberno de Burela figura a construcción dunha depuradora na área deportiva da Marosa que suporá un desembolso de 46.900 euros. Así mesmo se presenta un proxecto para a renovación de marcas viais e sinalización vertical de pasos de cebra nas Avenidas Arcadio Pardinas e do Perdouro, nas rúas: Mestre D.Camilo, Torques, Uxío Novoneyra, Institutos, Álvaro Cunqueiro, Luis Pimentel, Río Sil, Suafonte, Eijo Garay, Pascual Veiga, estrada Vilaestrofe, rúa do Río, Nosa Señora do Carme, Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Curros Enríquez, Lamestra, Beiramar, Concepción Arenal, Castelao, Pedra, Covamoura, rúa dos Castros, Avenida da Mariña, río Xunco, Pomeda, Vilar e A Casilla. O total do investimento neste caso ascenderá a 150.000 euros.

Para a canalización soterrada de alumeado público en Vilar e a renovación do alumeado na zona deportiva da Marosa van 118.000 euros e 30.000 máis para a renovación e ampliación de alumeado público nas zonas dos Castros e A Casilla. Para a reposición de alumeado público en Vila do Medio e Pascual Veiga destínanse 43.829 euros e para a reposición de farolas e colocación de mobiliario urbano na Avenida de Arcadio Pardiñas (desde a rúas das Flores ata a rúa Laxeiras) van 175.000 euros.

Cos fondos estatais de inversión o Concello de Burela tamén quere acometer a canalización soterrada de alumeado público e reposición de luminarias na Avenida da Mariña e Calles Novas para o que a partida ascende en total a 233.000 euros. Para a tamén canalización soterrada do alumeado público e reposición de farolas na rúas do Cantiño, Áncora, Bitácora e Stella Maris destínanse 146.000 euros e para a rehabilitación do edificio multiusos preto de 64.000 euros. O último dos proxectos presentado polo Concello burelés é a adecuación e eliminación de barreiras arquitectónicas na Casa da Cultura que suporá unha inversión de 126.000 euros.

Exit mobile version