Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela recordará o día 24 os naufragos do Rosamar cunha ofrenda floral e unha misa

BURELA .- (FNC) A homenaxe que o pobo de Burela renderá aos falecidos e aos desaparecidos no naufraxio do Rosamar será finalmente o 24 de xaneiro, segundo acaba de confirmar o alcalde burelés, Alfredo Llano.

O rexedor asegura que “este novo cambio de data obedece ás peticións cursadas polas familias das vítimas que residen na súa maioría en Portugal”. Llano explica que “esta mañá falei co armador do Rosamar e coas autoridades portuguesas e decidimos que esa homenaxe se realice o 24 de xaneiro. Vai consistir nunha ofrenda floral ás 12:30 no peirao de Burela e nunha misa á unha na igrexa parroquial”.

O Rosamar, con base no porto portugués de Leixoes, naufragou o pasado 5 de decembro a 24 millas ó noroeste de San Cibrao. O accidente deixou tres mortos, cinco desaparecidos e cinco tripulantes rescatados con vida. Os armadores do Rosamar son veciños de Burela.

Burela recordará os náufragos do Rosmar con unha ofrenda floral e unha misa

Exit mobile version