Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela remata exposición e anuncia a participación en Fitur e Expourense

BURELA (FNC) .-Mañá remata en Burela a exposición de fotografías sobre os comercios locais que se atopa na Casa da Cultura desde o pasado 15 de xaneiro. Segundo o edil de Industria, Comercio e Turismo, José González Legazpi, “a exposición tivo unha importante acollida, cerrándose así unha Campaña de Nadal, de excepcional repercusión. Días pasados foron entregados os premios ás persoas que resultaron gañadoras nos distintos ámbitos e que agora deberán consumir o seu importe en compras no comercio local ata o vindeiro dia 15 de marzo, materializándose deste xeito o fin primordial da campaña que é o afianzamento do sector comercial do Concello”.

Fitur

Por outra banda, González Legazpi sinala que “Burela atópase divulgando todo o seu potencial turístico en Fitur dende o stand de Turgalicia, con importante achega de material promocional do noso concello e onde será presentada unha actualizada guía turística da Mariña xunto coa recentemente creada cartografía en tres dimensións, que sen dúbida favorece a promoción da nosa comarca e do noso concello”.

Expourense

O concelleiro nacionalista asegura que a Delegación de Turismo do Concello de Burela “está a traballar no que será a nosa presenza en Expourense, xa que este ano terá lugar do 4 ao 8 de febreiro adiantándose un mes respecto das edicións anteriores. Esta modificación de datas fai que o desembarco de Fitur nos posicione xa en Ourense. O Concello de Burela estará presente con stand propio e divulgando a nosa gastronomía con degustación do noso bonito. Expourense é un certame de gran interese turístico e gastronómico en canto ao seu posicionamento e a presenza na mesma de países de ámbito nacional e internacional”.

Exit mobile version