Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo crea unha oficina de atención aos cidadáns para valorar os danos do temporal

CERVO .- O Concello de Cervo avalía os inmensos danos provocados polo temporal de vento no seu termo municipal e desde hoxe puxo a disposición dos cidadáns unha oficina para recoller as reclamacións dos afectados. O obxectivo principal deste novo servizo é o de cuantificar e trasladar á Xunta de Galicia a valoración provisional de danos no municipio, despois de que o Presidente en funcións do Executivo autonómico, Emilio Pérez Touriño, adiantase que o Consello da Xunta do próximo xoves aprobará unha liña de axudas para os afectados

INVENTARIO DE PERDAS

O primeiro edil de Cervo, Alfonso Villares explicou que persoal municipal atenderá aos veciños interesados en facer uso desta oficina, situada na Casa do Concello. A través dun formulario recollerán os datos persoais dos veciños, así como unha relación de danos sufridos nos seus bens, comercios, comunidades ou danos agrícolas, tanto a nivel particular como empresarial. Con esta información confeccionarán un inventario de perdas, e unha primeira estimación económica.

Exit mobile version