Site icon Crónica3.com A Mariña

Entrega de premios do certame de Nadal de Burela “Propostas para mellorar o medio ambiente”

No salón de plenos do Concello de Burela entregáronse os premios ós gañadores do Certame de Nadal Propostas para mellorar o Medio Ambiente que convocou a Delegación de Medio Ambiente que dirixe a socialista, Lucía Bouza. Na modalidade de fotografía corresponderon a Gabriel Bermúdez Álvarez e Alba Carreiras Cabarcos; en relato curto a Macareno Ledo Vázquez e Aida Maside Gil e en debuxo a David Otero Cuadrado e Alexandre Bermúdez Álvarez.
Lucía Bouza valorou de xeito moi positivo a participación nesta convocatoria e sobre todo no apartado de fotografía “que foi ó que máis rapaces se presentaron”.

Exit mobile version