Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros non recibiu citación para acudir ao xulgado en relación coas minas de Viladaíde

BARREIROS (FNC) .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, di que “ata o momento non recibín ningunha citación xudicial para personarme en Mondoñedo en calidade de imputado”. Así resposta o rexedor a unha información difundida hoxe pola Cadena Cope na que se aseguraba que o rexedor terá que personarse o vindeiro 6 de febreiro diante do xulgado de instrución nº2 de Mondoñedo coma imputado por un presunto delito denunciado no ano 2006 que estaría relacionado cunhas minas de Viladaíde.

Fuente Parga asegura que “esas minas teñen licencia do ano 2002, cando eu aínda non era nin concelleiro en Barreiros, e podo asegurar que non houbo autorizacións posteriores pola miña parte. Chámame a atención que se me cite a min como imputado e non como testemuña, imaxino que será como representante da administración que son”.

O rexedor de Barreiros sinala que “si que sei que se requiriu desde o xulgado información ao Concello e que lles foi facilitada polo secretario municipal, pero xa digo, eu de momento non recibín citación algunha”.

Exit mobile version