Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo prevé que as obras de urbanización do polígono se inicien en primavera

RIBADEO .- (FNC) O vindeiro 27 de xaneiro procederáse á apertura das proposicións ou ofertas económicas das obras de urbanización do polígono industrial de Ribadeo que contan cun orzamento de preto de 6 millóns de euros. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que “este mes de xaneiro vai ser moi importante para Ribadeo sobre todo polo que ten ver coa obra pública, tanto pola que licitará o Concello coma pola que levará adiante a SEPES co polígono industrial”.

Suárez Barcia ten constatado que “unha treintena de empresas se presentaron para realizar esta grande obra de construcción do polígono industrial que ten cifrado o seu coste en 6 millóns de euros e un prazo de execución de 15 meses ainda que a empresa adxudicataria o pode facer en menos tempo”. O rexedor di que “foron moitas as empresas que acudiron ao Concello a pedir información”.

O alcalde de Ribadeo agarda que ditas obras comencen na primavera e considera que o polígono é moi importante “porque xenerará moitos postos de traballo que boa falla de fan a Ribadeo e á comarca, máxime nesta situación económica delicada na que nos atopamos. E ao mesmo tempo xa desde o momento da súa creación con esta cifra de 6 millóns de euros de licitación a empresa ou empresas que executen dita obra terán que contratar necesariamente man de obra de aquí aínda que poidan traer cuadros técnicos especialistas doutras zonas”.

Garantías na venda das parcelas

Fernando Suárez advierte que o Concello estará moi pendente das garantías coas que se vendan as parcelas do polígono industrial de Ribadeo “queremos que as parcelas que se soliciten vaian obrigatoriamente ligadas a un uso predefinido das mesmas, que vaian ligadas a un uso comercial, industrial previamente definido. Non queremos que se adxudiquen ou se vendan parcelas sin eses usos para o día despois colgar o cartel de se vende ou se alquila. Eso non o vamos consentir dado que o polígono industrial tampouco vai ser tan grande e non queremos que pase o que ten pasado con moitos polígonos industriais que unha vez rematados, todo vendido e logo non había empresas que se puideran instalar porque había intermediarios… Non imos consentir intermediarios. Eses son os criterios que lle estivemos a dicir á SEPES para que o tivera moi en conta”.

Exit mobile version