Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG defende un reparto equitativo do Fondo de Inversión Estatal entre as parroquias de Foz

NOTA DE PRENSA

O BNG DEFENDE UNHA DISTRIBUCIÓN EQUITATIVA DO FONDO ESTATAL DE INVERSIÓN
ENTRE TODAS AS PARROQUIAS

Para o BNG é imprescindible que estes fondos servan para mellorar a
calidade de vida dos focegos e o déficit en infraestructuras e servizos
básicos do concello.

O primeiro que o BNG ten que manifestar é que o pleno extraordinario
deste martes para propoñer e debater as obras a incluir polo concello de
Foz no Fondo de Inversión Estatal foi convocado a petición dos grupos da
oposición e non por iniciativa propia do grupo de goberno e despois de
terllo solicitado en varias ocasións.

Para o BNG o Fondo de Inversión Estatal que lle corresponde ao Concello
de Foz, e que ascende a 1.741.742 euros, debería ser repartido de forma
equitativa entre as distintas parroquias do Concello, atendendo a
criterios o máis obxectivos posibéis e tendo en conta as necesidades
reais de cada unha, o seu número de poboación, a dispersión xeográfica e
a súa superficie.

Atendendo a eses criterios e de forma aproximada, a distribución destes
fondos por parroquias segundo o BNG debería ser a seguinte: Cangas
(180.000 €), Cordido (90.000 €), Fazouro (150.000 €), Foz (646.742 €),
Nois (135.000 €), San Martiño (150.000 €), Santa Cilla (120.000 €), San
Acisclo (90.000 €) e Vilaronte (180.000 €).

A proposta de obras de inversión que o BNG vai a presentar no Pleno para
incluir no fondo de inversión estatal para o Concello de Foz están
realizadas en base ás peticións veciñais e son por orde de prioridade as
seguintes:

CANGAS:

1. Urbanización de ambos lados do Camiño Real desde Vilachá a Alemparte
(aglomerado do firme, beirarrúas, alumeado público, saneamento,
abastecemento e canalización de teléfono e luz eléctrica).
2. Remate da pista na zona de Pedridos (Alemparte), con asfalto e
servizos de saneamento e abastecemento.
3. Apertura e firme de zahorra e macadán do camiño que a estrada a
Vilasindre aos invernadoiros.
4. Reposición de firme con zahorra e macadán dotando de servizos á pista
entre Vilachá e Vilamor (antigo camiño real)
5. Ensanche do camiños entre Centro Cívico e Estrada xeral.
6. Limpeza, apertura e reposición de firme do camiño existente en
Lamallada (desde o camiño real ata a estrada xeral, por detrás da ITV)
7. Reparación da superficie asfaltada das estradas en mal estado.
8. Rematar a obra da pista polideportiva, coa instalación de vestiarios.
9. Reposición de puntos de luz existentes e poñer novos puntos.
10. Arrranxo, limpeza e posta en valor das fontes e manantiais de
Cangas. Raxal, Vilachá, Lousidos, Areoura.
11. Mellora de accesos, aparcamentos e sinalización das praias.
12. Colocación de quitamedos nos camiños paralelos a FEVE.

CORDIDO

1. Rematar o saneamento e conexións ás casas.
2. Repoñer puntos de luz e poñer novos onde se necesiten
3. Rebacheo das pistas en mal estado e asfaltado de algunha que estea pior.
4. Amaño e limpeza de pistas forestais.
5. Poñer o alumeado que falta na Fabega.
6. Cambiar ventás na antiga escola.

FAZOURO

1. Rematar o saneamento nas casas que faltan de Villarmea, Fonte da
Aldea, casa de Porfirio e a do lado, en Bargado.
2. Arranxo de firme dos camiños: escola vella a Lousada, camiño dos
portugueses, camiño de Pardiñas cara ao mar, camiño da Regueira cara ao mar.
3. Poñer puntos de luz no camiño do Souto e na casa de Sabina
(Vilarmea), en Moure e na zona do chabolo ata a estación de FEVE.
4. Acondicionamento do Local social (calefacción, cambio do solo, baños)
5. Mellorar a recepción de TV en Vilarmea.
6. Ruta de sendeirismo marxe esquerda do Rio Ouro.

NOIS

1. Ensanche da ponte da Carreira e máis a do apeadoiro do tren.
2. Ensanche e apertura da pista ao deposito de auga de Trasmonte.
3. Reposición da pista que vai de Trasmonte a Lagoa.
4. Renovación do alumeado público.
5. Construcción de Area recreativa na estrada xeral.
6. Reposición da traída xeral na rúa da Barrosa.
7. Ensanche e acondicionamento da pista a Brea.
8. Limpeza de puntos negros no río San Xulián
9. Reparación do peche da pista polideportiva
10. Bacheados de pistas.
11. Remate do centro cívico e entorno.

SAN MARTIÑO

1. Saneamento nas vivendas que están sen enganche
2. Reparación e limpeza de pistas
3. Colocación de antenas de telefonía móbil e de TV (TDT)
4. Recuperación de fontes.
5. Reparación de alumeado público
6. Mellora na sinalización

VILARONTE

1. Reposición e acondicionamento de pistas
2. Adecentamento do centro social e entorno: pintado, calefacción,
vestiarios,…
3. Construcción dunha area recreativa na estrada Ferreira-Foz
4. Construcción dun observatorio de aves na Ría.

SANTA CILLA

1. Reposición e acondicionamento de pistas.
2. Limpeza, acondicionamento e apertura do camiño á Ermida ao son do río.
3. Reparación do alumeado público.

SAN ACISCLO
1. Asfaltado de pistas de montes: – pista chao Abelleira-Vilacizal
– alto-Folgosa
– da igrexa á Rega
2. Limpeza e amaño de firme de pista de Vilabarracide (600 metros)
3. Limpeza e arranxo do firme dun camiño ao son do rio ouro: botarlle
grava ou outro material de cascallo para que non se enlame.

FOZ

1. Nova rede de saeamento nas rúas de Rego de Foz, Eduardo Pondal, Catro
calles en Marzán, Valle Inclán, Irmandiños, Paco Maañón.
2. Instalación e dotación dun local para a creación dun viveiro de
empresas no noso concello (Parque empresarial)
3. Colocación de Contenedores subterráneos no centro urbano.
4. Adecentamento do polideportivo de Campocabana (pista, gradas, vestiarios)
5. Beirarrúas na Avenida do Vicedo.
6. Adecentamento da Rúa Atalaia ata as Torres.
7. Ampliación e acondicionamento do centro social de Marzán.
8. Colocar baixada nos asteleiros para embarcacións.

A maiores consideramos prioritarias as seguintes obras en todo o concello:

• Limpeza dos ríos do Concello
• Limpeza e acondicionamento das fontes e recuperación e conservación do
patrimonio.
• Limpeza das praias e calas do Concello
• Recuperación da toponimia e galeguización de todo o Concello.
• Supresión de barreiras arquitectónicas.

Desde o BNG esperamos que todos os grupos da corporación nos poñamos de
acordo nas obras a realizar e que se fagan en base a criterios como os
que nós defendemos para que todos os veciños se vexan beneficiados por
estas inversións e non só uns poucos.

Exit mobile version