Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG denuncia “o xenocidio do pobo palestino” nunha concentración en Foz

FOZ .- O Bloque Nacionalista Galego organizou onte coa presenza de máis dun cento de persoas unha concentración en Foz para denunciar o xenocidio do que esta a ser víctima o pobo palestino como consecuencia das políticas sionistas do Estado de Israel.
O responsable comarcal dos nacionalistas, Xosé Ramón Ermida, sinalou que “queremos denunciar a hipocresía da comunidade internacional que mira cara outro lado mentras se está a cometer un holocausto. Cando falamos da hipocresía da comunidade internacional estamos a falar tanto do goberno do Estado como da propia Unión Europea, pero tamen é curiosa a posición do presidente electo de Estados Unidos, de Barack Obama, que se nos vendeu como o gran recambio da política Bush e tranquilamente xoga ao golf en Hawai mentras nenos e nenas morren na franxa de Gaza”.
Ermida engade que “non é un feito novo porque o pobo palestino se convertiu xa nun pobo mártir como consecuencia da política do estado terrorista de Israel, pero non podemos estar impasibles diante disto. Demandamos xestos por parte do goberno do Estado, demandamos que por parte do Estado español se rompan as relacións políticas e diplomáticas co Estado de Israel”.
Desde o BNG urxen que “a Comisión Europea obligue ao Estado de Israel a aceptar a axuda humanitaria para a franxa de Gaza. Tamén queremos chamar a atención da opinión pública, xa que para nós as mortes son iguais en calquera lugar do planeta. Desde logo que o caso palestino pon en evidencia a hipocresía das forzas políticas do sistema”.
O BNG da Mariña expresa a súa solidaridade “coas víctimas desta masacre, tamén coas persoas que hoxe viven nos territorios ocupados de Cisjordania e Gaza agardando que eso sexa un día unha patria libre. Pero tamén queremos achegar esa solidaridade aos moitos palestinos que viven entre nós, nas terras da Mariña. Pensamos que a través destes conveciños nosos, palestinos de nacimento e galegos de nación, a solidaridade das xentes da Mariña chegará aos territorios de Palestina”.

Exit mobile version