Site icon Crónica3.com A Mariña

“O Bordelo” estrea “O Espello do Prestamista” en Cervo

CERVO.- O grupo de teatro “O Bordelo“, por undécimo ano consecutivo, cumprirá con todos os amantes da escena estreando nova peza o día 5 de Xaneiro no Auditorio de Sargadelos, ás 20 horas. despois da Cabalgata de Reis, organizada por Airiños do Xunco.
Despois de pechar o seu décimo aniversario no que tiveron unha morea de actos e representacións por toda Galicia e polo Occidente Asturiano , os membro do colectivo teatral cervense apuran os ensaios para poder cumprir co agasallo de Reis dedicado a tódolos veciños e visitantes.
A nova peza “O espello do prestamista“, escrita e dirixida por Francisco Piñeiro, afronta o problema actual da crise desde unha perspectiva histórica e baixo o prisma da retranca e da filosofía popular. Darán vida ás personaxes : María Paz Rodríguez Silva, Dolores Viamonte Rey, Antonio Glez – Patoso , Xosé Manuel González-Copa e Francisco Piñeiro.

Exit mobile version