Site icon Crónica3.com A Mariña

O conselleiro de Industria visitou Ribadeo para supervisar os danos do temporal

RIBADEO (FNC) .-O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, acompañou este mediodía ao Conselleiro de Industria, Fernando Blanco, na visita que este cursou a Ribadeo para supervisar os danos ocasionados polo temporal da fin de semana. O conselleiro dixo que hai danos en industrias, en comercios e en particulares e sinalou que a Xunta dará resposta de maneira inmediata coa aprobación no Consello desta semana dun decreto de axudas que o vindeiro luns serán postas en marcha por Innovación e Industria. Fernando Blanco dixo que o temporal de neve pode complicar as deficiencias que xa sufriu o subministro eléctrico estes días e destacou o labor dos operarios que levan traballando sen descanso desde a fin de semana. Foi crítico coas eléctricas pola escasa atención que lle prestaron aos seus clientes e anunciou que iso vaillo trasladar ás empresas.
Sobre as parroquias que aínda están sen luz, Blanco dixo que as empresas comprometeronse a solventar esa situación no día de hoxe.
Fernando Blanco e Fernando Suárez visitaron as instalacións dunha empresa de conxelados en Vilaselán á que o vento lle levou parte da súa cuberta. Estiveron acompañados polo delegado provincial de Industria, por representantes políticos do BNG na Mariña.

Exit mobile version