Site icon Crónica3.com A Mariña

O popular Balseiro pidelle ao conselleiro de Industria o fomento de áreas industriais

NOTA DE PRENSA
O Parlamentario mariñán aproveitou a visita do Conselleiro de Innovación e Industria, o nacionalista Fernando Blanco, para reclamar do conxunto do Executivo autonómico unha verdadeira política dirixida á implantación de novas empresas e crear novas oportunidades de traballo na Mariña lucense
BALSEIRO BOTA EN FALTA UNHA MAIOR IMPLICACIÓN DA XUNTA NO REFERENTE A DISPOSICIÓN DE NOVO SOLO INDUSTRIAL

* Segundo o PP a política do Goberno bipartito caracterizouse ata o momento, polo esquecemento e a paralización de grandes proxectos industriais tal e como aconteceu en Viveiro (Landrove), Alfoz-O Valadouro, A Pontenova ou en Cervo co cinto industrial.

* A empresa pública autonómica Xestur Lugo, encargada do desenvolvemento de solo industrial na nosa provincia non executou máis de 5 millóns de euros durante o 2008 e vén de reducir nas contas autonómicas do 2009 en máis dun 40% os investimentos nos polígonos industriais como os de Viveiro e A Pontenova.

A Mariña, 07 de xaneiro de 2008.- O deputado autonómico do PPdeG Jose Manuel Balseiro Orol aproveitou a visita do Conselleiro de Innovación e Industrial, Fernando Blanco, para reclamar unha maior implicación do Executivo galego no fomento das áreas industriais da nosa comarca. A xuízo do parlamentario popular o conselleiro nacionalista así como o resto dos seus compañeiros de Executivo “vense na obriga de desprazarse ata a Mariña para inaugurar una torre de comunicacións porque é o único que teñen feito ao longo desta lexislatura” Balseiro Orol explica que a xestión do Executivo se ven caracterizando polo atraso e paralización no desenvolvemento das grandes áreas industriais sitas na Mariña, como son o caso dos polígonos de Viveiro (Landrove), o sito nos concellos de Alfoz e O Valadouro ou o da Pontenova.

“Sen monospreciar a importancia de que Innovación e Industria potencie a mellora nos sistemas de telecomunicación e acceso a rede Internet con tecnoloxías de alta velocidade, unha das grandes deficiencias dos nosos polígonos industriais, non podemos admitir e deixar de subliñar o esquecemento que ten caracterizado ao Goberno galego en materia de creación de novo solo industrial”.

MÁIS DE 5 MILLÓNS DE EUROS SEN EXECUTAR

De feito, para exemplificar esta situación Balseiro Orol explicou que a empresa pública Xestur Lugo, entidade dependente da Consellería de Vivenda e Solo encargada do desenvolvemento das áreas industriais na nosa provincia, non executou máis de 5 millóns de euros destinados a este obxecto durante o pasado ano 2008, polo que, “sen ningún tipo de xustificación, todos estes cartos que non chegaron ata A Mariña e non contribuíron á implantación de novas empresas e á creación de novos postos de traballo”

Exit mobile version