Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro interesase polo alumeado ornamental dos Castelos en Covas

Nota de Prensa

ALUMEADO PÚBLICO

O día 22 de Decembro celebrouse un pleno ordinario onde o grupo municipal do Partido Popular, como ven sendo habitual, presentou unha batería de rogos e preguntas ó Sr alcalde e o seu equipo de goberno sobre temas de interese dos viveirenses. Unha das preguntas describía a situación do alumeado ornamental dos Castelos en Covas de gran agarimo e preocupación para os veciños desta parroquia.

A resposta do Sr alcalde foi que funcionaban unhas veces sí e outras non, culpando ó goberno do PP e facendo referencia a erros na instalación executada na legislatura 1999-2003, hai máis de 6 anos. 0 razonamento do alcalde resta moita credibilidade ó Goberno do PSOE en Viveiro que continua a refugiarse tra-lo escudo do PP en lugar de asumir erros que demostran a sua incompetencia sin poñer remedio a situacións que non son mais que da sua responsabilidade.

No 1º semestre do 2008 non se prendeu máis de duas veces o alumeado por estar en algun punto deteriorado a falta de dous proxectores, uns 5 m de marxe nas rocas sin protección de tubo ni suxeción de cemento e un metro de falta de tubo de protección.

Pero máis grave é que o alcalde no mesmo pleno negue o uso da palabra a un concelleiro despois de seren aludido pola sua xestión na obra en cuestión. Unha obra realizada pola empresa Daviña S.L de Santiago, de grande prestixio profesional avalado polas suas intervencións con éste e outro goberno en Celeiro, Covas, Viveiro e os alumeados ornamentais de Sta María , San Francisco e a Plaza de Abastos.

O abandono do goberno do sr Roel  prosigue polo paseo marítimo de Sacido- Seiramar, tamen en Covas , onde no 1º tramo faltan ata 42 lámparas empotrables no muro do paseo marítimo e seis farolas de columna. No 2º tramo non funciona o alumeado, e si a esto lle engadimos que a rua Vila de Ortigueira está prácticamente a oscuras e no conservatorio de Viveiro de vinteseis proxectores exteriores non prenden dezanove se isto non é desidia que venña Deus e o vexa.

Celestino García Paz

Exit mobile version