Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP revela novas deficiencias no Hospital da Costa

NOTA DE PRENSA
Obsesionados en ocultar a realidade, os máximos responsables políticos do SERGAS e do centro hospitalario mariñán non fan nada por mellorar o deteriorado sistema de saúde público da nosa comarca
O PPdeG ACREDITA NOVAS DEFICIENCIAS NO FUNCIONAMENTO DO HOSPITAL DA COSTA

* Máis de 13 meses de demora, ata xaneiro de 2010, vese na obriga de soportar un doente do servizo de endocrinoloxía para poder ser revisado polo especialista tras unha triplo operación cirúrxica. A lista de espera “oficial” é de 71 días.

* Pacientes da consulta de cirurxía vascular deben desprazarse no 2010 ao hospital xeral de Lugo, despois de recibir unha carta nos seus fogares, na que lles advirte que de non dispoñer do informe médico por escrito poden non ser atendidos.

A Mariña, 02 de xaneiro de 2008.- O Partido Popular de Galicia (PPdeG) está en disposición de facer públicas novas deficiencias no funcionamento do Hospital da Costa que deixan en evidencia os datos oficiais feitos públicos polo SERGAS, tanto en relación coas listas de espera que se están a rexistrar para o acceso a determinadas especialidades médicas e procedementos cirúrxicos, como tamén en relación co procedemento cada vez máis habitual, de obrigar aos doentes do Hospital da Costa a trasladarse a outros centros hospitalarios sitos fóra da nosa comarca para recibir a debida asistencia sanitaria.

MÁIS DUN ANO DE ESPERA

O deputado popular José Manuel Balseiro exemplifica a súa denuncia dando conta da situación pola que está a pasar un paciente do centro mariñán que tras solicitar cita na consulta de endocrinoloxía para ser revisado dunha triplo operación cirúrxica de tiroides e bocio, observou con certa sorpresa como se lle emprazaba para o 11 de xaneiro do 2010, isto é, tree meses despois da data de solicitude (en decembro de 2008)

Esta circunstancia vén a acreditar as múltiples denuncias realizadas desde a formación popular sobre a natureza real das listas de espera que se están a producir no Hospital da Costa. “Os datos oficiais para nada responden á realidade” -explica Balseiro Orol – “Falamos de máis de 13 meses de espera cando o SERGAS sitúa a media de demora para as consultas de endocrinoloxía en tan só 71 días”

En resume, o PPdeG define a situación como inaceptable e, a pesares disto, “non se está a facer nada mais que tomar o pelo a aquelas persoas enfermas cada vez con máis asiduidade, leen nos xornais ou escoitan nas emisoras de radio aos dirixentes do hospital e do SERGAS felicitándose polo moito que reducen as listas de espera” PSOE e BNG seguen a asumir os datos oficiais como certos, pero nunca rematan por aceptar a elaboración dunha auditoria, a cargo de entidades ou empresas externas, tal como nós estamos a reclamar reiteradamente para coñecer a situación real do hospital. Non nos valen os datos inventados froito da propaganda da Xunta”.

TRASLADOS FORZOSOS

Por outra banda, un importante número de pacientes do Hospital da Costa están a recibir nos seus enderezos unha carta mebretada polo SERGAS e pola Consellería de Sanidade, que dispón de rexistro de saída do centro hospitalario mariñán na que dan conta “aos efectos oportunos” da necesidade de trasladarse ata o Hospital Xeral de Lugo para poder ser atendidos na consulta de cirurxía vascular. Ademais disto a cita aparece demorada ata marzo de 2010, 15 meses de espera.

Se o traslado forzoso ata outro hospital situado a máis de cen quilómetros da nosa comarca non fóra unha incomodidade suficiente, a esta eventualidade debemos engadir que os pacientes son advertidos por escrito, nesta mesma misiva que, con carácter previo a acudir a esta consulta deben presentarse na xanela do servizo de admisión do Hospital da Costa para recoller nun sobre os informes clínicos necesarios para poder ser atendidos en Lugo. En resume, pode darse a circunstancia de que despois de trasladarse decenas de quilómetros ata o destino final, a falta dalgún documento ou do informe clínico completo impida aos doentes ser atendidos polo facultativo correspondente.

OBSESIONADOS EN OCULTAR A REALIDADE

O PPdeG insiste na necesidade de corrixir este tipo de deficiencias e lamenta a pasividade dos actuais responsables do SERGAS e do propio Hospital que “obsesionados en ocultar esta realidade, non fan nada por mellorar o servizo. Esta situación trae consigo “graves inconvenientes aos pacientes, doentes e usuarios da sanidade pública mariñá”

Os populares subliñan finalmente que, segundo os datos que chegan ata as oficinas parlamentarias de Viveiro e Ribadeo, cada vez son máis os usuarios do SERGAS que fan chegar a súa queixa. En todo caso, este tipo de deficiencias son invisibles para as estatísticas oficiais incluso en períodos como o actual, das vacacións de Nadal, nos que a demora e os traslados de pacientes a outros hospitais son unha práctica habitual

Balseiro Orol comprométese a trasladar estes novos datos ata ao Parlamento de Galicia máis lamenta que os responsables da Consellería de Sanidade se poidan amparar na disolución da Cámara, prevista para os primeiros días de xaneiro, e deixen de ofrecer as explicacións oportunas en relación con este tipo de eventualidades. En todo caso, se está a evidenciar o grave deterioro do servizo de saúde público na Mariña e a falta de reacción ou desinterese da Xunta.

Exit mobile version