Site icon Crónica3.com A Mariña

Programa de prevención de drogodependencias nos centros de ensino de Ribadeo

RIBADEO (FNC).- Voltan as actividades do Programa de Prevención de Drogodependencias do Concello de Ribadeo. Segundo explica a súa responsable, Mónica Fernández Lamparte, “retomamos despois do nadal a programación que iniciamos este curso con actividades como Komikea, ¿E se che toda a ti? Cinensino ou adestramento en habilidades sociais”.

* Komikea II, durante as vindeiras semanas, levaráse a cabo a 3ª sesión nos centros de ensino secundario de Ribadeo nas seguintes datas:

-IES Porta da Auga, o martes 13 de xaneiro ás 12,00 horas

-Colexio Sagrado Corazón, o mércores 14 de xaneiro ás 13,15 h

-CIFP Porta da Auga, o luns 19 de xaneiro ás 14,00 h

-IES Dionisio Gamallo Fierros, o martes 20 de xaneiro ás 13,15 h

Nesta 3ª sesión o alumnado participante en Komikea II comezará a realizar os guións que posteriormente debuxarán e converterán en cómics.

(Nas duas primeiras sesións este alumnado formouse en drogodependencias e en como se realizan os comics). Participan en total 74 alumnos.

* Campaña “E se che toca a ti?”. O 21 de xaneiro realizaranse 2 sesións no Centro Integrado FP Porta da Auga dirixidas a todos os alumnos dos ciclos medios e superiores dos ámbitos mantemento de vehículo, instalacións electrotécnicas e acabados de construción. Participarán en total uns 50 alumnos.

* Cinensino. O vindeiro 28 de xaneiro terá lugar a 2ª proxección que leva por título El niño de Marte (USA,2007) e á que asistirán 118 alumnos e 13 profesores de 1º e 2º de ESO dos centros de ensino IES Dionisio Gamallo Fierros e IES Porta da Auga. Será ás 11,00 horas no Cine Teatro de Ribadeo.

* Adestramento en Habilidades Sociais. Este programa, dirixido a alumnos de 5º e 6º curso de Educación Primaria Obrigatoria, continuará con a 3ª sesión de habilidades sociais que será como dar e recibir queixas e celebrarase nos centros de Educación Primaria dos concellos de Ribadeo, Barreiros, Trabada e A Pontenova. Participan 95 alumnos. As datas desta 3ª sesión están por confirmar, pero realizaránse durante os meses de xaneiro e febreiro.

Exit mobile version