Site icon Crónica3.com A Mariña

Propietarios de terreos de Foxo en Burela discrepan do BNG

Nota de Prensa

DESDE A PLATAFORMA DE VECIÑOS AFECTADOS POLO PLAN SECTORIAL DE FOXO, QUEREMOS CONTESTAR Á SRA. INMA OROL DO BNG.

En primeiro lugar, dicir que non estamos nin influenciados nin manipulados por ninguén, xa que os primeiros que nos brindaron axuda foi o Partido Popular de Burela cando se enteraron do que estaba pasando, xa que vostedes tiñades a información desde facía moito tempo e estabades moi caladiños, eso sí que é oscurantismo! E demostrades o pouco ou  nada que vos interesamos os veciños de Burela. E si o PP fose o que estivera gobernando e fixeran o que estades a facer vosoutros, estamos seguros que quen vos vería chamar ós veciños para axudarlles no que puiderades, ou non? Pero agora non interesa xa que foi unha brillante idea da sra. Conselleira do BNG, que se ledes o periódico, o concello de Burela é un dos poucos de Galicia que non pretentou alegacións.
En segundo lugar, imos falar do pleno solicitado polo PP e convocado polo bipartito o día 30 de decembro ás 10 da mañá, fóra de prazo para presentar alegacións, a sra. Nieves Cando di que o  plan é moi bo, para adquirir vivenda protexida á xuventude, porque poden adquirila todas aquelas persoas que teñan un soldo de cómo máximo 3.300 € mensuais, e nós dicimos, se se tivera este soldo non facía falla facer esas vivendas xa que se podía ter un bo chatel en calquera parte de Burela.
Por outro bando, o sr. Alcalde dixo que a maioría dos veciños estaban dacordo co Plan, e dixo literalmente que un 80% dos veciños estaban a favor do Plan, logo retráctase e dí un 60%, aclárense e non  manipulen información, xa que somos sobre uns 40 veciños afectados e hai 32 alegacións presentadas. Cremos que calcular un tanto por cen e dunha cantidade tan baixa debería ser algo doado para profesores, profesoras e mestras, pero parece que en cultura xeral non son o que se dí unha inminencia! Pobres daqueles que caen en mans tan pouco preparadas!
En terceiro  lugar dicir que os veciños afectados de Foxo hainos de todas as cores políticas, e é moi doado para vosoutros xirar a cabeza cara outro lado, pero mirade, en Burela xa estaban plantados pinos antes de que a maioría de vosoutros chegarades aquí e oirades falar de Burela, somo un pobo que se caracterizou toda a vida como moi traballador e honrado e levantouse a base de moitos golpes de mar dos nosos pais e avós, para que agora veñades vós plantar pinos e contarnos películas. Que película de permuta, que nos van permutar o sillón da sra. Concelleira que está en San Caetano por un solar de Foxo? Que van facer, vivendas sociais(5), vivendas protexidas (153) e 44 vivendas para vender de libre prezo? Isto que é, para facerse ricos os mesmos a conta do traballo dos veciños de Burela!
E por favor, non deades clases de moralidade a  ninguén neste pobo, xa que os veciños de Burela cederon e lles expropiaron terrreos para facer todo o que hai feito, como é o Hospital da Costa, os dous Institutos, as rúas, os paseos marítimos, etc., pero con plantexamentos claros, non manipulando e ocultando información que vosoutros tiñades e tivemos que enterarnos pola prensa e polo PP, que no noso ían facer vivendas.
No segundo pleno do día 30 a sra. Remedios López dixo que as fincas que ten o Concello nas Torrentes, vanse adicar a facer tamén vivendas sociais, pero cantas vivendas sociais vamos ter neste pobo?! E as do Torno? Levan rematadas máis dun ano, cando lles van dar as chaves ós veciños para poder vivir nelas e non pagar alugueres? Agora mesmo en Burela hai 600 vivendas para vender e 300 son vivendas de protección oficial. Estas  non contan?
E por último, con respecto ó comentario que vostede, sra. Orol realiza sobre o comportamento no Pleno, pensamos que poucas palabras merece. Ben reflexado quedou no seu día a educación, tranquilidade e tolerancia dos asistentes. Tomen boa nota!!!

Exit mobile version