Site icon Crónica3.com A Mariña

Proxección de El Padrino IV en Burela

BURELA .- Burela O vindeiro luns día 5 de xaneiro, a partir das 21,30 h. no Auditorio da Casa da Cultura, proxectarase a curtametraxe El Padrino IV, unha iniciativa cinematográfica dun grupo de persoas de Burela que, dirixidas por Jose Díaz, pretenden facer unha homenaxe ao director Coppola e á súa triloxía cinematográfica.

Segundo a concelleira de Cultura, Neves Cando “trátase dunha historia rodada en Burela, con actores e actrices afeccionados e afeccionadas, que desenvolve unha trama de clara inspiración na afamada triloxía de F.Ford Coppola”.

A edil nacionalista engade que “coma xa fixemos noutras ocasións, dende a Delegación de Cultura queremos tamén apoiar as iniciativas, neste caso cinematográficas, dos nosos veciños e veciñas e mostrar ao público en xeral as producións culturais que nacen no noso pobo”.

Exit mobile version