Site icon Crónica3.com A Mariña

Segundo ADEGA a Fiscalía recoñece o dereito a presentar contenciosos pero non paraliza a masacre de raposos

COMPOSTELA .- Segundo a Asociación Ecoloxista ADEGA comunica que a Fiscalía de Medio Ambiente do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza respondeu que se poden presentar contenciosos para rexeita paralizar as actividades de caza do raposo.

NOTA DE PRENSA.
VI COPA DE ESPAÑA DE CAZA DO RAPOSO:

CIDADÁNS E ANIMAIS, INDEFENSOS ANTE OS ESCOPETEIROS

A Fiscalía deixa a porta aberta para presentar un contencioso pero rexeita paralisar o masacre

Compostela, 22 de xaneiro de 2009. A Fiscalía de Medio Ambiente do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ven de respostar ADEGA e “Matar por matar, NON” sobre a solicitud de suspensión cautelar da VI Copa de España de caza do Raposo que vai ter lugar este sábado día 24 en Rodeiro (Pontevedra). Na súa resposta, o fiscal Álvaro Ortiz decreta o arquivo da denuncia presentada por ADEGA, ao non constituir delicto penal. Para os ecoloxistas, este “campionato” vulnera a Lei de Caza e a Orde de Vedas ao non contar os terreos coa cualificación necesaria e celebarse fóra do periodo hábil de caza. A Fiscalía non cuestiona os nosos argumentos, mais ao non tratarse de especies protexidas, a legalidade do seu masacre débena resolver os tribunais do contencioso-administrativo.

ADEGA lamenta que a cidadanía teña como única opción legal para deter estes inxustificados masacres a de presentar un recurso contencioso-administrativo, que como sabemos, demórase longos periodos de tempo e aínda que finalmente nos de a razón, o mal xa estará feito.

Deste xeito, cunha administración (Medio Ambiente e Cultura) que mira para outro lado e mesmo incumpre as súas propias leis e regulamentos (e subvenciona aos infractores), os cidadáns/ás ficamos absolutamente indefensos diante das infraccións ambientais de carácter civil (a gran maioría), caso das matanzas de raposos.

Non pode ser bo para a sociedade que as infraccións e incumprimentos das leis de carácter ambiental, que ante todo son leis, queden sistematicamente impunes pola desidia da administración e a propia dinámica do sistema xudicial.

ADEGA e “Matar por matar, NON” seguiremos apelando á xustiza e interpoñendo as correspondentes denuncias ante as agresións ao medio ambiente, mais como membros da sociedade civil podemos tamén actuar pacíficamente en defensa dos nosos dereitos e a favor da legalidade.

Así o faremos este vindeiro sábado 24 en Rodeiro con motivo da VI Copa de España de Caza do Raposo.

Boicot ao VI Campionato de España en Rodeiro

Todo esta listo para o boicot á barbarie que representa a celebración de campionatos de matanza de raposos que este ano se pretende celebrar en Rodeiro (Pontevedra) o sábado 24 de xaneiro.Dende as primeiras horas da mañá os grupos de Galiza e do resto do estado que se opoñen a este tipo de espectáculos estarán no monte para impedir que estes “cazadores” prosigan un ano máis con esta actividade disparatada e fóra da legalidade.

Grupos que participan na acción de boicot:

: ABEIRO, ADEGA, Amigos da Terra, Amigos de los Animales, Asturias Verde, ASCEL, CES Salnés, Centro Social A Formiga, Coto do Frade, Equanimal, Eucaliptos NON, FEG (Federacion Ecoloxista Galega), Fundación Altarriba, GAS Vigo, Huellas Cantabria, LIBERA, Salva o Tren, SGHN, SOS Courel,Verdegaia

Os grupos distribuiranse polo monte en partidas de entre cinco e dez activistas dez coa consigna de patrullar polas zonas onde se concentren os cazadores para alertar os animais antes de que sexan sorprendidos polos escopeteiros. Irán acompañados por reporteiros, principalmente gráficos, que sexan testemuñas do que se está a facer con estes animais inofensivos e, que non producen danos nin a gandería nin á agricultura, co beneplácito e as subvencións dunha administración insensíbel e que se prega a intereses particulares.

As 13 horas concentraranse en Rodeiro para protestar polo evento.

A Federación Galega de Caza e demais organizadores non teñen disculpa:

Incúmplese o artigo 22 da lei de protección de animais: son infraccións moi graves a organización e celebración de espectáculos,pelexas e outras actividades con animais que impliquen crueldade,maltrato ou sufrimento?.Este campionato consiste en ver qué cuadrilla de cazadores consigue abatir máis raposos para acto seguido guindalos ó cubo do lixo.Aorde de vedas prohibe a celebración de campionatos de caza sobre animais silvestres, fóra da tempada hábil de caza, que aparece explicitada no artigo 9, según foi denunicado ante a Fiscalía de Medio Ambiente. Así como o feito de realizar competicións en Tecores que a lei de caza distingue perfeitamente dos terreos cinexético deportivos.

Xa apresentamos estudos contrastados que desminten o suposto exceso de raposos .Os datos de parte da FGC e de algún Tecor que denunciamos na Conselleria de M. Ambiente, como faltos de veracidade, non poden xustificar a matanza. Os demais cidadadáns tamén somos parte interesada no monte e temos dereito a disfrutar da fauna silvestre.

Esiximos a administración a prohibición da caza competitiva do raposo, que se investiguen as falsidades dos censos nas que se basean ditas competicións e se remate con este tipo de actos que atentan contra a vida e diversidade dos nosos montes en nome dunha suposta actividade económica ou nunha trasnoitada tradición. (Matarpormatarnon,Galiza, xaneiro 2009)

Exit mobile version