Site icon Crónica3.com A Mariña

Segundo o PP o desemprego na Mariña está por riba da media provincial

NOTA PRENSA
A voceira de emprego do Grupo Popular, Beatríz Mato, acompañada do secretario provincial, José Manuel Balseiro e de alcaldes e portavoces do Partido Popular na Mariña analizou o progresivo deterioro do sistema laboral na nosa comarca
O DESEMPREGO NA MARIÑA INCREMÉNTASE POR RIBA DA MEDIA PROVINCIAL E AFECTA A 3.621 PERSOAS

* A Mariña é a segunda comarca onde máis creceu o paro da nosa provincia, un 18,9% no 2008, isto é 4,8 puntos máis ca media provincial.

* Para os populares “PSOE é sinónimo de paro, pois os Gobernos socialistas, coa complicidade do BNG, son responsables da destrución de 15 postos de traballo ao día tan só nos últimos meses”.

* A destrución de emprego afecta dun xeito especial ás mulleres, o paro feminino crece na Mariña a un ritmo superior que no resto da provincia e afecta xa a 2.062 mulleres, o 57% do total de desempregados.

* Os populares apuntan varios datos significativos:

+ En Burela 1 de cada 20 veciños está desempregado.

+ O paro masculino incrementouse este ano nun 49,6% en Viveiro e nun 46,9% en Ribadeo.

+ A Pontenova lidera o ascenso do paro feminino no 2008 cun incremento do 87%

A Mariña, 13 de xaneiro de 2008.- A voceiro de emprego do Grupo Parlamentario Popular, Beatriz Mato Otero, acompañada polo secretario provincial do PPdeG José Manuel Balseiro e por alcaldes e portavoces locais desta formación política ofreceron hoxe unha rolda de prensa para analizar o progresivo deterioro do sistema laboral na nosa comarca. Todo iso, tras constatar que o desemprego na Mariña está a crecer a maior ritmo que no resto da provincia afectando a máis de 3.621 personas. “Se mire por onde se mire, os datos do paro son malos: son peores que o mes pasado, que hai un ano e que cando chegou o Bipartito: Falamos de 15 desempregados cada día tan só nos últimos meses”

LIDERANDO A DESTRUCIÓN DE EMPREGO

Tan só no 2008, o desemprego na Mariña incrementouse nun 18,9% a un ritmo 4,8 puntos superior á media provincial que é do 14,1%. Estes datos sitúan A Mariña como a segunda comarca con maior destrución de emprego no último ano, tan só superada pola bisbarra de Quiroga, onde se está a producir unha alza superior con motivo da crise da industria pizarreira.

% Variación anual do paro na Mariña lucense +18,9%
% Variación anual do paro no conxunto da provincia +14,1%

Datos: Web de Traballo

Os populares apuntaron tamén que, cinguíndonos aos datos de variación do desemprego no mes de decembro a alza do paro nosa comarca tamén superou á media provincial, afectando a todos os sectores produtivos: agricultura e gandería, servizos, construción e industria. Se na Mariña o paro incrementouse un 3,9% no resto da provincia o cómputo global non superou o 3,2%.
% Variación mensual do paro na Mariña lucense +3,9%
% Variación mensual do paro no conxunto da provincia +3,2%

PARO FEMININO

Con especial preocupación observan o incremento do paro feminino. Neste caso a nosa comarca destrúe postos de traballo afecta a 2.062 mulleres, un 9,1% máis durante o 2008, cando a media da provincia está no 2,8%, isto é, 6,3 puntos inferior.

Os datos ofrecidos polos populares, dan unha imaxe do que está a acontecer na Mariña máis a pesar de todo, non se libran do maquillaxe estatístico da Xunta e do Goberno central para os que, por exemplo “non contan os desempregados en formación, que están a realizar cursos para mellorar as súas posibilidades de inserción”

Ademais, todo apunto a que a actual crise económica, negada por Touriño hoxe como antes a negou Zapatero, afondará no deterioro da situación económica das industriais, das pequenas e medianas empresas, dos autónomos e dos pequenos comercios “que asisten con incredibilidade ao desamparo dos actuais responsables da Xunta, e do Goberno central”.

PROMETERON 30 MIL EMPREGOS, DEIXAN 35 PARADOS MÁIS

Segundo Beatriz Mato o legado do conselleiro lucense Ricardo Varela será a destrución de emprego en Galicia e na Mariña. De feito, a deputada popular sinalou que, o Bipartito prometeu a creación de 30.000 novos postos de traballo e rematou con preto de 35.000 parados máis que en 2007.

A maiores diso insistiu en que cada un destes datos demostra unha afirmación que cada día é máis evidente “PSOE é sinónimo de paro, pois os gobernos socialistas, coa complicidade do BNG só traen desemprego.

DATOS SIGNIFICATIVOS

No transcurso da rolda de prensa ofrecéronse tamén varios datos que, segundo os populares son moi significativos: En Burela un de cada 20 veciños perdeu o seu traballo ou está desempregado, en Viveiro o incremento do paro masculino, no 2008, foi de +49,6% e en Ribadeo de +46,8%. O dato de paro feminino máis preocupante é o da Pontenova cun 87% de incremento nos últimos 12 meses, e o total de parados ascende a preto de mil persoas en Viveiro (978 persoas), 547 en Ribadeo, 466 en Foz e 484 en Burela.

Todos estes datos son imaxes nítidas dunha grave problemática, que afecta centos e miles de mariñáns con nomes e apelidos, desamparados pola Xunta e cun incerteza no que respecta ás súas esperanzas de futuro.

Exit mobile version