Site icon Crónica3.com A Mariña

Solicita o PP de Burela a posta en marcha dunha oficina de reclamacións e asesoramento

NOTA DE PRENSA

O GMPP solicita a posta en marcha dunha oficina de reclamacións e asesoramento.
Critican a inactividade do alcalde e de Nieves cando.
O PP solidarízase coa familia de Lorenzo Martín e recoñece o esforzo das persoas que traballaron contra os efectos do temporal.

O GMPP burelés declarou hoxe a través dunha nota de prensa que o alcalde e Nieves Cando non están facendo nada para solucionar os problemas causados en Burela. Logo de ter sufrido os efectos do temporal, ó alcalde só se lle ocurre decir que xa se está arreglando todo, pasea a Touriño por Burela pero sen cuantificar as axudas que se van a conceder; pola súa banda, Nieves Cando non di nada como se non fose con ela, e por riba vén o conselleiro de Industria a decirnos que se reclame ás compañías eléctricas e nas oficinas de consumo, pero non aporta solucións para que esto non volva a pasar.
O caso de Burela é sangrante: estivemos sen luz cáseque dous días, houbo locais comerciais que non puideron abrir, hai destrozos en empresas, propiedades particulares e instalacións públicas, e o alcalde dinos que xa está todo arreglado. Pois non, tén que habilitar, como están facendo outros concellos, unha oficina de reclamacións canto antes, para que os afectados presenten as mesmas coas correspondentes valoracións ou facturas.
E ademais, coa que está caendo, o propio alcalde debería ser o primeiro en demandar da Xunta axudas inmediatas, e non contentarse con agardar o que diga a Xunta, porque despois, coñecendo ó alcalde que temos, tampouco dirá nada, ou como moito dirá que non hai queixa.
Foi sangrante que establecementos comerciais ou mesmo a residencia da Terceira Idade estivesen sen luz. Non sabemos que respostas terán o alcalde e Nieves Cando para xustificar que non houbese luz na casa da terceira idade, pero a situación, de prolongarse, puido ser gravísima. E ninguén levou alí un xenerador.
Polo tanto, o PP solicita que de inmediato se poña a funcionar a indicada oficina de reclamacións e asesoramento ós cidadáns e empresarios, e que desde o Concello se demanden, de inmediato, axudas á Xunta é a Deputación, que nestes casos é cando teñen que arrimar o hombro. O PP tamén indica que se non dixeron nada etres días foi para non confundir ós cidadáns, pero agora é o momento de poñer os puntos sobre as íes.
Os populares queremos, asimismo, rendirlle homenaxe ó sarxento Lorenzo Martín, así como  recoñecer o traballo e sacrificio a todos os membros da Garda Civil, Protección Civil e persoal municipal que colaborou en paliar os efectos do temporal.

Exit mobile version