Site icon Crónica3.com A Mariña

Uns 50 colectivos constitúen a plataforma “A Mariña con Palestina”

A MARIÑA .- Uns 50 colectivos de A Mariña constituíron a plataforma de apoio á causa Palestina “A Mariña con Palestina” e nomearon a Ana Ermida voceira na comarca. A plataforma iniciou os traballos preparatorios para levar a cabo diversos actos na Mariña e neste sentido xa fixaron o seu convocan unha concentración en Foz para o venres día 23, ás oito e media da tarde.
Nota de Prensa

CONSTITÚESE NA MARIÑA A PLATAFORMA DE APOIO Á CAUSA PALESTINA “A MARIÑA CON PALESTINA”

A Plataforma, que botou a andar na tarde de onte,  agrupa arredor duns 50 colectivos de todos os ámbitos da comarca mariñá e agarda a sucesiva incorporación de máis asociacións.

O mércores pola tarde tivo lugar a primeira das xuntanzas da nova plataforma de apoio a Palestina que foi constituída tras a convocatoria aberta que realizou o Bloque Nacionalista Galego.
A plataforma está constituída inicialmente por uns 50 colectivos que representan todos os sectores da totalidade da comarca: xuvenís, culturais, sindicais, veciñais… aos que se poden ir sumando outros a medida que avance na súa andaina, xa que a plataforma é aberta á participación de todo tipo de colectivos.
Nesta primeira convocatoria, á que acudiron representantes de numerosos colectivos, foi elixida como voceira da plataforma na comarca Ana Ermida.
A Plataforma iniciou xa os traballos preparatorios para levar a cabo diversos actos na comarca da Mariña. Neste sentido xa fixaron o seu primeiro acto convocando unha concentración que terá lugar o vindeiro venres 23 de Xaneiro ás 20:30 hs en Foz.

Palestina, a guerra dos tanques contra as pedras
Sinalan desde a Plataforma  A Mariña con Palestina que “ é preciso que a sociedade se conciencie da barbarie á que está sendo sometido o pobo palestino, e chamamos a toda a poboación a manifestar o seu rexeitamento a estes ataques”.
Sinalan tamén que “esta non é unha guerra, non existen exércitos enfrontados, nin igualdade de forzas. Esta é unha agresión militar por parte dun estado armado e financiado polo imperialismo norteamericano e europeo que conta cun poderosísimo exército e ataca por terra, mar e aire a un pobo sen outra defensa que o heroísmo e sacrificio dos seus mal armados milicianos, e que nin sequera ten a posibilidade de fuxir.”
Por estas razóns, “ animamos á poboación a participar en todos os actos de apoio a Palestina como a manifestación nacional do vindeiro domingo 18, ás 12hs, na Alameda en Santiago de Compostela”.

Exit mobile version