Site icon Crónica3.com A Mariña

Ve o PP de Burela abandono na praza do Concello

Nota de Prensa

O PP reitera que o alcalde esquece as cuestións do día a día.

Os populares consideran que a praza do Concello está abandonada.

Aseguran que non hai preocupación por rematar adecuadamente as obras complementarias de Torrentes.

O GMPP de Burela asegurou hoxe que o alcalde e Nieves Cando esquecen as cuestións do día a día e só se preocupan de buscar a foto da propaganda.

Para os populares, un exemplo claro está no pouco esmero en acondicionar debidamente as zanxas que se están a abrir nas ruas por culpa das obras complementarias de Torrentes, obras que non son pagadas polo concello senon polos veciños da unidade de actuación, lembran os populares, e que acumulan un retraso de seis meses sen que ninguén pida disculpas.

Pero o exemplo máis patente é o deterioro que se observa na praza do Concello: un báculo de alumiado retorcido dende hai catro ou cinco meses, que queda “mui guapo, mui bonito”, como diria o noso alcalde coas luces do Nadal ainda postas; marcas dos monopatíns nos bancos e nas pedras da praza; unha rampa de patinaxe na praza; grafitis por doquier; buratos no chan mal tapados logo da exposiciòn das fotos ó aire libre; coches que aparcan con total libertade na praza; un tenderete de aparellos que pouco ou nada encaixan coa propia praza; e por se fora pouco, un adefesio metálico para non sabemos que promoción turística. En fin, un desastre, organizado polos socialistas e os nacionalistas, os mesmos que decían que facer un parking soterrado era acabar cunha das prazas máis bonitas da Mariña.

E agora, como se ve, nin parking nin praza. Semellante desfeita non se ve en ningunha das prazas emblemáticas de Galicia, que quedan reservadas para os peatóns e para actos culturais.

Exit mobile version