Site icon Crónica3.com A Mariña

Advirte o PP que non hai ningunha obra para Burela no Plan da Deputación POS-2009

NOTA DE PRENSA:
González Barcia afirma que o alcalde non se preocupa por Burela.

Advirte que na relación que manexa a Deputación non hai ningunha obra incluída no complementario do POS-2009.

Barcia lembra que unha obra da Deputación segue parada e corre risco de perderse definitivamente.

O portavoz do GMPP de Burela, e portavoz adxunto do GPPP, manifestou hoxe a través dunha nota de prensa que o alcalde de Burela non se preocupa polos seus cidadáns, dado que na documentación que González Barcia manexa non se contempla ningún proxecto para incluir no programa complementario do Plano de Obras e Servicios do presente ano 2009, e que se aprobará hoxe no pleno da Deputación ás cinco da tarde. Barcia considera “impresentable e lamentable” que o alcalde non sexa capaz de redactar un proxecto para incluir no indicado programa complementario.

Barcia lembra que a obra que se solicita, aceras e alumiado nun tramo da marxe dereita da estrada que vai desde A Casilla á Marosa, ten un investimento de 42.290’00€, dos que 10.580’00€ serán aportados polo concello, e outros 10.580’00€ serán aportados pola Deputación. E este é o único investimento previsto pola Deputación em Burela, se exceptuamos as subvencións a colectivos ou asociacións. Pero tamén afirma que esa obra ten que ser posterior á obra de saneamento da totalidade da mesma marxe desa estrada, obra que foi adxudicada hai dous anos em 120.000’00€ polo equipo do PP e que está parada, corréndose o risco de perder os fondos europeos que financiaban tal obra.

González Barcia indicou que o alcalde é unha persoa sumisa ante outras administracións. Barcia lembra que a aportación da Deputación ó concello de Burela en 2006 e primeira metade de 2007 acercouse ós seiscentos mil euros, e que agora, para o presente ano 2009, a aportación prevista é só de 10.580’00€, nos dous casos exceptuando subvencións-.

Barcia rematou indicando que a vagancia duns e doutros é evidente. Como exemplo, puxo a bionda da marxe dereita da estrada Burela-San Cibrao segue destrozada onde estaba destrozada, e leva así desde o verán pasado. Barcia afirma que non quere nin pensar que pode pasar se volve haber un accidente nese punto con feridos ou víctimas mortais

Exit mobile version