Site icon Crónica3.com A Mariña

Alerta por ventos para a noite do domingo ao luns

CERVO.- Dende o Servizo de Protección Civil de Cervo avísase á poboación sobre unha alerta por ventos. Segundo a nota recibida da Dirección Xeral de Protección Civil de Galicia, prevese para a noite do domingo 8 de febreiro e para todo a luns un temporal de ventos, que poden acadar entre 120-140 Km/h. Tamén se esperan choivas intensas, polo que hai que prestar especial atención ás zonas sensibles a inundacións.

RECOMENDACIÓNS DE PREVENCIÓN E AUTOPROTECCIÓN ANTE VENTOS FORTES

Que pode facer ante a predición ou presenza de ventos fortes ?

É importante informarse das condicións meteorolóxicas previstas e estar atento ás indicacións que se vaian dando.

Como medida de precaución ante ventos de gran intensidade convén:

* Pechar e asegurar portas, fiestras ou toldos.
* Retirar macetas e todos aqueles obxectos que poidan caer á rúa e provocar un accidente.

Se se atopa na rúa ou no campo

* É conveniente afastarse de cornixas, muros ou árbores, que poidan chegar a desprenderse e tomar precaucións diante de edificacións en construción ou en mal estado.
* Absterse de subir estadas, sen as adecuadas medidas de protección.

Se vai viaxar

* Ante a predición de vendavais hai que procurar evitar os desprazamentos por estrada e se é necesario facelos, extremar as precaucións pola posible presenza de obstáculos na vía.
* En todo caso, infórmese das condicións meteorolóxicas da zona á que se dirixe.

Se se atopa en zonas marítimas

* Hai que procurar afastarse da praia e doutros lugares baixos que poidan ser afectados polas elevadas mareas e ondadas que adoitan xerarse ante a intensidade de ventos fortes.
* Nestas situacións, o mar adquire condicións extraordinarias e pode arrastrarlle se se atopa na proximidade do mar.

RECORDE

As medidas de prevención axudan a reducir o dano que pode derivarse dos desastres.

En caso de urxencia, coñecer algunhas pautas de autoprotección, axuda a tomar decisións que poden favorecer tanto a súa seguridade como a dos demais.

Exit mobile version