Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnos do IES Perdouro aprenden segredos do debuxante Gogue

BURELA .- Preto de 60 rapazas e rapaces do IES Perdouro tiveron a oportunidade de coñecer, esta mañá, parte dos segredos do debuxante Gogue. Esta actividade enmarcada dentro da programación do departamento de Debuxo do IES Perdouro foi organizada pola súa xefa, Cristina Durán.

Alumnas e alumnos de 3º e 4º de ESO estiveron esta mañá moi atentos ás explicacións de Gogue sobre a súa técnica en debuxo e caricatura, a clase consistiu nunha xornada de traballo do debuxante, comezando polo espazo do que se dispón, a elección do tema a tratar e os personaxes que protagonizarán a viñeta. Ao remate da clase Gogue proxectou unha presentación sobre os seus personaxes, o seu currículo e unha pequena parte das mellores viñetas.

As rapazas e rapaces puideron bromear con Gogue e recibiron por parte de Gogue como agasallo unhas láminas con caricaturas de xente famosa.

Gogue , caricaturista galego, (O Grove 1953), colabora diariamente no xornal Faro de Vigo cunhas tiras protagonizadas polo seu personaxe de boina e palabra aguda que o deu a coñecer, Floreano e outros personaxes como Monchiña, Epifanio e Cachiña publicados dende 1989. Colabora tamén do outro lado do charco, en Estados Unidos, cunha larga lista de publicacións. Publicou varios libros e é membro de varias Asociacións Internacionais de Caricatura. Gañador de varios Premios e Mencións Internacionais. Recentemente, foi galardoando e premiado en Kansas City. Obteu o segundo premio Cartoon of the Week en Kansas City outorgado pola asociación de humoristas gráficos nos medios de comunicación.

A súa labor diaria entre lápices, ordenadores e decenas de proxectos, evolucionou dende entonces hacia campos de experimentación gráfica moi diversos. Como caricaturista recoñecido internacionalmente, GOGUE superase no seu traballo, elaborando hasta a perfección cada trazo, cada xesto. Gústalle o seu traballo, e a nós gústanos a súa arte e humor..

Os alumnos de Plástica do IES Perdouro

Entrevista con Gogue realizada polos alumnos do IES Perdouro:

Cómo se converte en caricaturista?

Dende moi pequeno, encantábame debuxar en calquera superficie. Meu pai, que tiña unha taberna, gardábame o papel que envolvía os cartóns dos paquetes de cigarillos que era de moi boa calidade para debuxar. Para min, foime sempre moi doado debuxar calquera cousa.

Para debuxar unha caricatura, que é no que máis se fixa? Busca algún defecto o rasgos peculiares?

A verdade, que primeiro analizo os rasgos faciais e despois se aparece algunha irregularidade, por non dicir defecto, o mellor, resalto este aspecto.

Cómo traballa?

Hoxe utilizo unha computadora, un programa de debuxo e unha tableta. Xa non traballo con papel porque se tarda máis tempo para que lle chegue o interesado.

Entón é importante evolucionar cos tempos?

Evidentemente. Hai que reciclarse. De feito, hoxe, na era das novas tecnoloxías, non me quedou máis remedio que poñerme. Desfruto moito debuxando e coa tecnoloxía de hoxe puido estar no outro lado do planeta que as miñas creacións chegan a España nun intre. Ademais é moi importante saber idiomas para non estar limitado na túa creación. De feito, traballo moito en Estados Unidos, e en Australia. Tiven a oportunidade de impartir clases as estudantes nunha Universidade Norteamericana. Foi para min unha experiencia moi enriquecedora.

Como naceu Floreano?

Téñolle moito afecto a Floreano. É un personaxe que ten cumprido 20 anos. Puido dicir que o único tan lonxevo. Tódolos días, sae no Faro de Vigo, co seu humor de taberna que o caracteriza.

É políticamente correcto?

Si.

Para cando, un cómic de Floreano?

Estamos a traballar nun proxecto dun corto de animación en plastilina. A min, sempre me encantaron os debuxos animados. Pero é un proceso que leva o seu tempo.

Floreano, nunca envellece?

Non. Sempre está en plena forma, nunca enfermo e con moito humor.

Moitas grazas por estar aquí connosco. Foi un privilexio poder coñecelo mellor. Sentímonos moi orgullosos.

Exit mobile version