Site icon Crónica3.com A Mariña

Anuncian a entrega de 21 vivendas sociais en Barreiros e o alcalde solicita máis

BARREIROS .- (FNC) O luns ás once e media da mañá no centro cultural da xuventude e da terceira idade Manuel Díaz Sampedro vanse entregar as chaves das 21 viviendas sociais de Barreiros. O alcalde, Alfonso Fuente, lembra “que se empezaron xa a construir durante o goberno do Partido Popular na Xunta, no ano 2004, e agora fai a entrega a bombo e platillo o delegado de Vivenda”.
O rexidor di que se trada “dunha boa noticia, aínda que parece que se retrasou a entrega para esperar a uns días antes das eleccións, pero os veciños de Barreiros son intelixentes e o que queren é poder disfrutar delas canto antes. Pediremos ó delegado que inicie xa rápido os traballos para construir novas vivendas sociais, porque hai moita xente esperando”.

Exit mobile version