Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o PP de Burela que o Bloque manipula ás familias das vivendas do Torno

Nota de Prensa

O PP asegura que o Bloque manipula ás familias das vivendas do Torno.
Os populares lamentan que os adxudicatarios tivesen que seguir pagando alquileres para entregar as chaves en plena campaña.
Afirman que á Xunta bipartita só lle interesan os votos e non os cidadáns.

O PP de Burela asegurou hoxe mediante unha nota de prensa que o Bloque está a manipular ás familias que teñen concedida unha vivenda social do Torno, porque agardou xusto hasta a campaña electoral a facerlles entrega das chaves, cando as vivendas están listas desde hai máis de ano e medio, e cando moitos dos adxudicatarios xa tiñan asignada a súa vivenda, desde hai tamén ano e medio. Tiveron que seguir pagando alquileres ou vivindo con familiares durante este tempo, porque o Bloque retrasou a propósito a entrega das chaves para facer coincidir este acto coa campaña electoral.
Esto demostra que a Xunta bipartita, PSOE e BNG, só buscan sacarlle rendabilidade electoral ás vivendas, xa que non fixeron nada por elas nestes últimos anos. O interese é só o dos votos, e en ningún momento se preocupan polos adxudicatarios, e eso que alguns deles estiveron pasando por momentos económicos difíciles.
O PP de Burela lembra que as vivendas comenzounas a Xunta do PP, cun goberno municipal do PP en Burela, e o Bloque foi incapaz de entregalas sen caer na manipulación, co que se están a burlar dos adxudicatarios.
Finalmente, os populares de Burela lembran que eles xá advertiron hai meses de que esto ía acontecer así, algo que Nieves Cando negou, o que demostra que estaba mentindo e enganando ós veciños afectados.

Exit mobile version