Site icon Crónica3.com A Mariña

Auxiliares de Alcoa presionan ao persoal para facer horas extra, asegura a Coordinadora

SAN CIPRIÁN .-  A coordinadora de representantes dos traballadores de empresas auxiliares que traballan para Alcoa en Sanb Ciprián acordou facer asembleas informativas nas empresas Bidueiros, Mayco, Noguera Xove, Industrias Xove e Rodabell “nas que se rescinden máis contratos”. Según a coordinadora “parece que nestas empresas o persoal esta sendo presionado para que ceda a cubrir os traballos, con prolongación de xornadas e horas extraordinarias como estaban acostumados, obviando o acordado e ratificado nas asembleas de traballadores”, aseguran.

Nota de Prensa

NOTA DE PRENSA AS EMPRESAS AUXILIARES DE ALCOA PRESIONAN AO PERSOAL PARA FACER HORAS EXTRA. A CAMBIO, DESPIDEN TRABALLADORES
Na reunión de hoxe luns, a Coordinadora de representantes dos/as traballadores/as das empresas auxiliares de ALCOA, tomou o acordo de facer asembleas informativas en algunhas das empresas auxiliares, BIDUEIROS, MAYCO, NOGUERA XOVE, INDUSTRIAS XOVE, e RODABELL. Parece que nestas empresas o persoal esta sendo presionado para que ceda a cubrir os traballos, con prolongación de xornadas e horas extraordinarias como estaban acostumados, obviando o acordado e ratificado nas asembleas de traballadores. É curioso, e significativo, que nestas empresas é nas que se rescinden máis contratos. Amortízanse postos de traballo a conta de horas extra.
O carácter de voluntariedade de realizar horas extraordinarias segue a ser segundo o antollo do empresario. Peor que cando Paquiño nos poñía cara ao sol. Alcoa é, como mínimo, tan culpable como as empresas auxiliares.

Exit mobile version