Site icon Crónica3.com A Mariña

Bailes e concurso de Entroido en Barreiros

BARREIROS (FNC) .- O Concello organizou varios actos de antroido para os vindeiros días no Centro Social de San Cosme.

O domingo 22 de febreiro a partires das 18:00 horas terá lugar a actuación de Os Cabezudos. Haberá desfile de disfraces infantil e xuvenil con premios para os gañadores e agasallos para todos os participantes. Máis tarde haberá un baile infantil-xuvenil amenizado polo grupo Lecer e tamén neste caso repartiránse premios entre os gañadores dos concursos de baile do pano e do tulipán. Ás 22:30 horas dará comenzo o baile de disfraces para mozos e adultos.

E o luns 23 de febreiro ás 22:30 haberá outro baile de disfraces e concurso de bailes do farolillo e da escoba para adultos. A nota musical vaina poñer o grupo Fénix.

A concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, convida a todos os veciños a participar nesta cita “sempre o pasamos moi ben e os que van repiten, ou sexa que todos os que queiran acudir por primeira vez están convidados e sabemos que despois o vindeiro ano volverán a estar con nós. Agardamos non defraudar a ninguén”.

Exit mobile version