Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela prepara unhas xornadas de degustación do ourizo

BURELA (FNC) .- A Concellaría de Mar de Burela prepara unhas xornadas gastronómicas de degustación “dun produto de temporada” como é o ourizo. Segundo explica, Remedios López Villar “queremos seguir promocionando os produtos que se venden no noso peirao, tal e como xa fixemos coa pescada ou co polbo… agora queremos facer un tapeo polo pobo durante unha fin de semana”.

Para organizar esas xornadas, o prezo e os pratos a degustar, a Concellaría de Mar convoca a todos os bares e restaurantes de Burela a unha xuntanza que se celebrará mañá venres 13 de febreiro ás 19:00 horas no salón de plenos do Concello de Burela. Ao encontro asistirán Remedios López Villar e o alcalde de Burela, Alfredo Llano.

A edil socialista anuncia que “tal e como fixemos tamén coa pescada do pincho faremos tamén un libro recetario Sabores do noso mar cos pratos preparados con ourizo. O recetario da pescada tivo moi boa acollida en Burela, agora estamos ultimando o do bonito que sairá en breve e despois faremos o deste producto de temporada que queremos promocionar agora, o ourizo”.

Exit mobile version