Site icon Crónica3.com A Mariña

CIG-Ensino propón unha visión do mundo actual a través de catro conferencias en Burela

BURELA .- CIG-Ensino iniciou o curso “O Mundo Hoxe V”, dirixido a docentes, no que trátase de dar unha visión do mundo actual a través de catro  conferencias: “ A ligazón entre Galiza e os países de lingua galega”, “A Crise económica presente ”, “ O conflicto  Palestino- Israelí” e “A victoria de Barack Obama e o próximo escenario internacional”.
Nota de Prensa
A CIG-Ensino A Mariña organiza un curso chamado “O Mundo Hoxe V”. Neste curso, especialmente dirixido a docentes, trátase de dar unha visión do mundo actual a través de 4 conferencias:
 
O curso comeza o mércores día 18 de febreiro ás 18:00. Os horarios  son:

– dia 18 febreiro “ A ligazón entre Galiza e os países de lingua galega”. Anxelo González Vicente. De 18:00 a 20:30
– dia 6 marzo   “A Crise económica presente ”. Carme Garcia Negro. De 20:00 a 22:30
– día 12 marzo  “ O conflito  Palestino- Israelí” Moncho Iglesias Míguez. De 18:00 a 20:30
– dia 25 marzo  “A vitoria de Barack Obama e o próximo escenario internacional”.  Roberto Mansilla Blanco. De 18:00 a 20:30

Toda persoa interesada para matricularse pode chamar ao número telefónico da CIG en Ribadeo (982  12  95  93 )

DADOS DO CURSO:

Horas de formación: 10  Nº de prazas: 80
Importe da matrícula:
Afiliadas/os 8.00 Euros.  Outras/os 20.00 Euros. Parados/as: 15,00€
Destinatários: PROFESORADO  EN ACTIVO E DESEMPREGADAS/OS COA TITULACIÓN ESPECÍFICA QUE TEÑAN ENFOCADO O SEU FUTURO PROFESIONAL NO ENSINO.
Critérios de selección: Por rigorosa orde de inscrición.
Organizadores: CIG Ensino
Lugar de celebración: SALÓN DE CONFERENCIAS de Burela (antiga biblioteca)

Exit mobile version