Site icon Crónica3.com A Mariña

Debido ao anuncio de temporal en Ribadeo suspenden as clases de música e outras actividades públicas

RIBADEO (FNC) .- A Concellaría de Educación de Ribadeo informa que “como consecuencia do aviso temporal que temos para hoxe en Galiza, quedan suspendidas as clases na Escola de Música”. Tamén se suspenden as visitas escolares a Arante enmarcadas dentro das xornadas A Ponte na encrucillada da historia. Tamén se suspende a conferencia sobre as pinturas murais da capela da Ponte que ía impartir a profesora da Universidade da Coruña, Rosa Cacheda. Dita conferencia será finalmente o mércores 11 de febreiro ás 20:30 horas na Casa do Mar.

Exit mobile version