Site icon Crónica3.com A Mariña

Entrada libre para ver a Coral Ruada e Ourense o sabado no Casino Club Náutico de Viveiro

O sábado 28 de febreiro ás oito e media da tarde ofrecerá un concerto a coral Ruada de Ourense nos salóns do Casino Club Náutico de Viveiro. A entrada será libre. Indican os organizadores que é “unha magnífica oportunidade de gozar coa polifónica máis antiga e mellor de Galicia, que celebra o seu 90 aniversario, no que será un acontecemento musical e cultural de primeira orde no ano 2009 na cidade de Viveiro, grazas ás magníficas relacións que existen entre a presidencia do casino e a presidencia da coral”.

Exit mobile version