Site icon Crónica3.com A Mariña

Entrega de árbores froiteiras e ornamentais en Xove

XOVE .- moitos foron os veciños/as que, un ano máis, apuntáronse á iniciativa da Concellería de Agricultura e solicitaron árbores froiteiras, ornamentais, forestais e incluso plantas de xardín. Aberto o prazo dende o 27 de outubro ao 26 de decembro, ás árbores e plantas foron entregadas hoxe 12 de febreiro, durante toda a mañá nas instalacións do Concello.

Foron un total de 51 persoas que solicitaron 458 árbores e plantas, o que lles supuxo unha inversión de 2.169´37 €uros. Maciñeiras, figueiras, pereiras, limoeiros, melocotoeiros, oliveiras, avelairas, mandarinos, zorolleiros, castiñeiros, kiwis, laranxeiras, uva espiña, carballos, rododendros, abetos, cerdeiras, madroños, etc., foron as especies solicitadas, e que dende agora van adornar moitas das hortas e terreos dos nosos veciños.

Exit mobile version