Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito do desfile de Entroido en Xove

XOVE .- O sábado 21 de febreiro tivo lugar o DESFILE ENTROIDO 2009, celebrado por segundo ano consecutivo despois de moitos anos sen celebrarse, organizado polo Concello de Xove a través da súa Concellería de Cultura. Do mesmo temos que destacar dúas cuestións principais, por un lado a afluencia masiva de público que ateigou as rúas de Xove, axudado por unha tarde preciosa, soleada, e por outro, o gran número de disfraces que participaron no Concurso: 42 individuais infantil, 8 individual adulto, 12 parellas, 19 grupos e comparsas e 11 carrozas, cun nivel de creatividade e imaxinación moi altos; ao desfile tamén se apuntaron moitos máis disfraces dos que sinalamos antes, pero que non quixeron entrar no Concurso, senón que preferiron estar para animar a festa. Se o pasado ano o desfile xa fora todo un éxito, as expectativas deste ano quedaron amplamente superadas, tanto en afluencia de público como en número e calidade de disfraces.

O Xurado, que estivo formado por catro persoas, todas de fora de Xove, decidiron que os premiados do Desfile foran os seguintes:

LISTA DE PREMIOS DO ANTROIDO 2.009 ORGANIZADO POLO CONCELLO DE XOVE

NOME

(TÍTULO DO DISFRAZ)

PREMIO
C-9 (“APOLO-CRISE”) 1º PREMIO CARROZAS:

500 €UROS

C-7 (“BEBÉ +”) 2º PREMIO CARROZAS:

300 €UROS

C-4 (“ALADIN E A LÁMPARA MARAVILLOSA”) 3º PREMIO CARROZAS:

200 €UROS

C-2 (“OS BALLENEROS DE MORÁS”) 4º PREMIO CARROZAS:

100 €UROS

G-1 (“OS FARALLÓNS DE SAN CIPRIÁN”) 1º PREMIO GRUPOS E COMPARSAS:

350 EUROS

G-6 (“LA CASITA DEL DUENDE”) 2º PREMIO GRUPOS E COMPARSAS:

250 EUROS

PILAR RIVAS VILLARQUIDE

G-15 (“OS BARRILETES”)

3º PREMIO GRUPOS E COMPARSAS:

150 EUROS

G-18 (“DESCENSO DO RIO RIGUEIRA”) 4º PREMIO GRUPOS E COMPARSAS:

80 EUROS

P-3 (“LOS CARACOLES GIGANTES”) 1º PREMIO PARELLAS:

110 EUROS

P-2 (“BURBUJAS DE CHAMPÁN”) 2º PREMIO PARELLAS:

80 EUROS

P-10 (“PARELLAS DE OCAS”) 3º PREMIO PARELLAS:

50 EUROS

P-8 (“OS GNOMOS DO BOSQUE”) 4º PREMIO PARELLAS:

30 EUROS

A-6 (“MÁSCARA DE SARGADELOS”) 1º PREMIO INDIVIDUAL ADULTOS:

60 EUROS

A-2 (“MESA CAMILLA”) 2º PREMIO INDIVIDUAL ADULTOS:

45 EUROS

A-7 (“MÁSCARA ESPALLADORA”) 3º PREMIO INDIVIDUAL ADULTOS:

30 EUROS

A-3 (POLLO DESPLUMAO”) 4º PREMIO INDIVIDUAL ADULTOS:

20 EUROS

I-25 (“CARACOL”) 1º PREMIO INDIVIDUAL INFANTIL:

40 EUROS

I-24 (“PULPO”) 2º PREMIO INDIVIDUAL INFANTIL:

30 EUROS

I-2 (“BARBIE MARIPOSA”) 3º PREMIO INDIVIDUAL INFANTIL:

20 EUROS

I-8 (“PRINCESA MEDIEVAL”) 4º PREMIO INDIVIDUAL INFANTIL:

10 EUROS

Rematado o Desfile aproximadamente ás 18:30 da tarde no Pavillón Municipal de Deportes, e antes do espectáculo LUZESON que estaba previsto a continuación, tódolos participantes inscritos previamente no Desfile (inscritos ata o 20 de febreiro) recibiron un obsequio de parte do Concello como agradecemento a súa participación, obsequio gastronómico con productos típicos do antroido como chourizos, cachola, etc..

Do espectáculo LUZESÓN, música cun DJ e xogos para a xuventude,  disfrutaron moitísimas persoas, especialmente nenos/as e rapaces/as, xa que a eles ía destinado. Rematado este espectáculo ás 10 da noite aproximadamente, a festa pasou á Carpa Multiusos do Concello onde centos de disfrazados disfrutaron dun Baile de Disfraces coa Orquestra La Oca ata altas horas da madrugada.

A entrega de premios, presentada polo Técnico de Cultura do Concello Mario Eijo, e coa presencia de membros do xurado, o Alcalde Demetrio Salgueiro, a Concelleira de Cultura Dolores Meitín e outros membros do equipo de goberno, realizouse na Carpa Multiusos a partires das 23:30 horas, no primeiro descanso do Baile.

A Concellería de Cultura quere agradecerlle a todo o público presente e a tódolos participantes no Desfile a súa participación neste Desfile.

Exit mobile version