Site icon Crónica3.com A Mariña

Exposición de Paula Duarte en Cervo

CERVO .- A Asociación A Sombriza, en colaboración co Concello de Cervo pon en marcha o programa “NOVOS ARTISTAS NOVOS VALORES” que pretende servir de plataforma para dar a coñecer o talento dos novos nomes da nosa arte. Nesta ocasión será a moza Paula Duarte quen terá a oportunidade de dar a coñecer as súas pinturas e acuarelas a través de máis de 23 obras que amosan a evolución do seu pincel e o enorme potencial desta artista nada o 20 de xaneiro de 1998.
Paula Duarte, vencellada ao municipio de Cervo, é estudante no colexio do Pilar de Foz. Leva pintando desde os 6 anos de idade, idade temperá na que tivo o seu primeiro contacto co mundo do arte.
A área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo tamén apoia esta iniciativa da Asociación A Sombriza e convida a todos os veciños de Cervo e visitantes a tomar contacto coa obra desta xovencísima pintora que de seguro sorprenderá a moitos.
Gozarán dun ágape para os que se acheguen mañá ás 11.00 horas ata o novo Centro Social de Cervo. Tamén estará presente a Concelleira de Cultura Chelo Gallego xunto con outros membros do colectivo cultural que preside Geni Piñeiro

Exit mobile version