Site icon Crónica3.com A Mariña

Fernando Blanco di en Burela que seguirá apoiando a Alcoa e advirte de que “terán que pagar impostos en Galiza”

Notas de Prensa

QUINTANA: “O PP QUER A CAMPAÑA DA DIFAMACIÓN E A MENTIRA, POR ISO SE COLOCAN NA PRAZA DE PONTEVEDRA A ACUSAR AOS FISCAIS, O GOBERNO, A POLICÍA, ANTES QUE RECOÑECER OS PROBLEMAS DO SEU CABEZA DE LISTA POR A CORUÑA”

Fernando Blanco afirma que seguirá apoiando a Alcoa para manter os postos de traballo pero advirte de que “terán que pagar impostos en Galiza”

Burela, 15 Febreiro 09.- O candidato nacionalista á presidencia da Xunta, Anxo Quintana, participou esta mañá nun mitin no pavillón municipal de Burela, no que tamén interviron a tenente de alcalde, Neves Cando; o candidato número 3 pola provincia de Lugo, Manuel Parga, e o cabeza de lista, Fernando Blanco.

O líder nacionalista lembrou que nestes anos “fomos quen de mellorar. Vós nos destes o voso apoio hai un ano e nós cumprimos a palabra  dada en Madrid. Fixémolo con dous deputados e un senador. Eles teñen moitos máis e non fixeron nada”, concluíu.

Iso é asi, tal e como indicou Quintana porque “cando temos que tomar unha decisión de quen nos acordamos é de todos vostedes. A xente non  quere guerras, pero tampouco submisión. Quer un goberno que reclame con firmeza e xustiza o que lle corresponde”, dixo

Nese sentido, aludíu á súa experiencia que demostra  que “en Madrid non regalan nada. Non hai amigos nin enemigos, só hai xente á que lle dá igual o que  necesitemos. Chégalles con Euscadi e Cataluña pero nós tamén queremos”, exclamou.

Anxo Quintana asegurou que os nacionalistas “non lle temos medo ao debate” en contraste coa actitude do PP que “queren a campaña da difamación e a mentira. Téñenme dito de todo. Ata me acusaron de ter un minibar dun millón de pesetas e levei aos medios a comprobar que o que temos é unha nevera de 30 euros, ésa é a campaña do PP, de difamación, mentira”.

“Fixemos concursos públicos transparentes, equitativos e dacordo coa lei para o Consorcio Galego de Benestar”, continuou, “e eles din que entraron todos a dedo. Que lles pregunten aos seus alcaldes que estaban no tribunal”.

“É a campaña da mentira e a difamación que se resolve con transparencia. O señor Feijóo o que fai é acusar a todo o mundo”, continuou, e nesa liña, acusouno de “colocarse onte na praza de Pontevedra a acusar aos fiscais, ao goberno á policía e ata ao PP de Roma, antes que recoñecer os problemas do seu cabeza de lista pola Coruña”.

O líder nacionalista explicou que “os empresarios acuden a pedir créditos e non llelos dan. Queremos que Galiza conte cun ICO, unha banca pública que faga o que non fan os bancos tradicionais”, indicou, polo que explicou que “o único que está propondo medidas sociais e demócratas nesta campaña é o BNG. Porque queremos que as cousas cambien”.

Amosou a súa decepción polo feito de que “os movementos progresistas do mundo están demasiado acostumados a celebrar derrotas e eu quero celebrar victorias” e lembrou o sucedido en Chile con Salvador Allende, “levan toda a vida lembrándose do gran Allende. Eu non quero celebrar derrotas, senón celebrar victorias”.

Ensinarlles educación aos ricos e poderosos

Aludíu ao seu desezo de que non se lembre ao nacionalismo só polo feito ata agora e dixo que “quero que me recorden porque convertimos o porto de Alcoa no porto da mariña lucense, porque levamos o sistema galego de benestar a todo o país”.

“Agora precisamos do voso apoio para ensinarlles educación que di que non se pode falar coa boca chea”, ironizou, “ncheron a boca durante a época de Fraga e agora protestan, falan coa boca chea”.

Fernando Blanco
O cabeza de lista do BNG pola provincia de Lugo, Fernando Blanco, mostrou hoxe en Burela o seu “apoio aos postos de traballo de Alcoa”, pero insistiu en que “Alcoa ten que pagar os seus impostos en Galiza” porque, dixo “as empresas asentadas aquí deberán pagar aquí os seus impostos e non en Madrid”. Fernando Blanco afirmou que a factoría de San Cibrao é unha empresa estratéxica xa non só para a comarca da Mariña senón para o conxunto do país porque xera o 35% do PIB da provincia de Lugo e mantén uns 2.000 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos, na comarca da Mariña, polo que mostrou o seu “compromiso” a “apoiar a súa actividade para que se manteñan os postros de traballo como primeiro obxectivo”.
Fernando Blanco afirmou que “diante desta crise económica hai dous modelos: o do Partido Popular, que propón baixar impostos e despido libre, e o do BNG, que propón subir os salarios, menter o emprego e aumentar a protección social”. Estas son, dixo Fernando Blanco, as receitas do BNG para saír desta crise económica, porque, dixo “non se lles pode facer pagar esta crise aos que non teñen culpa ningunha, aos traballadores e traballadoras”.
“O Goberno non nos cambiou”
O candidato nacionalista pola provincia de Lugo afirmou que “os do BNG seguimos estando onde estivemos sempre, ao lado dos traballadores, o Goberno non nos cambiu”, dixo. Fernando Blanco presentou ao BNG como “a forza política en ascenso en Galiza” e, neste sentido referiuse ás enquisas para afirmar que “xa ningunha nega, nin seguera as dos que nos miran mal, que o BNG vai subir” e insistiu en que “imos subir especialmente na provincia de Lugo de xeito moi notable”.
“Rajoy busca osíxeno en Galiza”
Fernando Blanco afirmou tamén que “a nós, aos do BNG, non nos fai falla vir á Mariña, porque xa estamos na Mariña” e “cansamonos de explicar alí onde imos que a merluza e o bonito que a xente ten no prato é de Burela ou de Viveiro” e contrapuxo “o compromiso do BNG coa comarca da Mariña” coa actitude do Partido Popular. “O señor Rajoy está agora moito por aquí, tivo que vir a Galiza, onde goberna o BNG, a osixenarse, ven a Galiza para fuxir do clima irrespirable que ten o PP en Madrid”, dixo o cabeza de lista do BNG por Lugo.

——–

O cabeza de lista do BNG interviu hoxe en Burela nun mitin xunto a Anxo Quintana

FERNANDO BLANCO SEGUIRÁ APOIANDO A ALCOA PARA QUE SE MANTEÑAN OS POSTOS DE TRABALLO PERO AFIRMA QUE “DEBERÁ PAGAR OS SEUS IMPOSTOS EN GALIZA”

Afirma que Rajoy “tivo que vir a Galiza, onde goberna o BNG, para osixenarse e fuxir do clima irrespirable do PP de Madrid”

Burela, 15 de febreiro. O cabeza de lista do BNG pola provincia de Lugo, Fernando Blanco, mostrou hoxe en Burela o seu “apoio aos postos de traballo de Alcoa”, pero insistiu en que “Alcoa ten que pagar os seus impostos en Galiza” porque, dixo “as empresas asentadas aquí deberán pagar aquí os seus impostos e non en Madrid”. Fernando Blanco afirmou que a factoría de San Cibrao é unha empresa estratéxica xa non só para a comarca da Mariña senón para o conxunto do país porque xera o 35% do PIB da provincia de Lugo e mantén uns 2.000 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos, na comarca da Mariña, polo que mostrou o seu “compromiso” a “apoiar a súa actividade para que se manteñan os postros de traballo como primeiro obxectivo”.

No transcurso dun mitin no pavillón dos Institutos de Burela xunto ao candidato do BNG á presidencia da Xunta, Anxo Quintana, e ao número 3 da lista pola provincia de Lugo, Manuel Parga, Fernando Blanco afirmou que “diante desta crise económica hai dous modelos: o do Partido Popular, que propón baixar impostos e despido libre, e o do BNG, que propón subir os salarios, menter o emprego e aumentar a protección social”. Estas son, dixo Fernando Blanco, as receitas do BNG para saír desta crise económica, porque, dixo “non se lles pode facer pagar esta crise aos que non teñen culpa ningunha, aos traballadores e traballadoras”.

“O Goberno non nos cambiou”

O candidato nacionalista pola provincia de Lugo afirmou que “os do BNG seguimos estando onde estivemos sempre, ao lado dos traballadores, o Goberno non nos cambiu”, dixo. Fernando Blanco presentou ao BNG como “a forza política en ascenso en Galiza” e, neste sentido referiuse ás enquisas para afirmar que “xa ningunha nega, nin seguera as dos que nos miran mal, que o BNG vai subir” e insistiu en que “imos subir especialmente na provincia de Lugo de xeito moi notable”.

“Rajoy busca osíxeno en Galiza”

Fernando Blanco afirmou tamén que “a nós, aos do BNG, non nos fai falla vir á Mariña, porque xa estamos na Mariña” e “cansamonos de explicar alí onde imos que a merluza e o bonito que a xente ten no prato é de Burela ou de Viveiro” e contrapuxo “o compromiso do BNG coa comarca da Mariña” coa actitude do Partido Popular. “O señor Rajoy está agora moito por aquí, tivo que vir a Galiza, onde goberna o BNG, a osixenarse, ven a Galiza para fuxir do clima irrespirable que ten o PP en Madrid”, dixo o cabeza de lista do BNG por Lugo.

Exit mobile version