Site icon Crónica3.com A Mariña

Lembra o PP que a adxudicación do servizo de auga de Burela leva nove meses de retardo

NOTA DE PRENSA:

O PP di que nada se sabe da adxudicación do servicio da auga.

Os populares lembran que vai con nove meses de retraso.

Pídenlle ó alcalde que o resolva canto antes.

O PP de Burela manifestou hoxe mediante unha nota de prensa que a día de hoxe nada se sabe da adxudicación do servicio de auga e saneamento, que xa debería estar adxudicado con efectos do un de Xuño do ano pasado, é decir, hai cáseque nove meses.

Segundo os populares, varias empresas presentaron recursos contra do prego de condicións económico-administrativas, pero non sabemos se se elaborou algún dictame, ben por parte do Concello ou ben por parte da asesoría xurídica da Deputación. Este é un tema que nos preocupa, porque a empresa que está a dar o servicio o está facendo baixo prorroga de contrato, e porque o prezo do recibo da auga deberá subir, cuestión esta que lle afecta directamente ós cidadáns, e que xa dixo o propio alcalde. Ademais, desde o pleno de Decembro o alcalde non volveu a decir nin pío sobre este asunto, síntoma de que non debeu adicarlle moito tempo ó mesmo, como nel vén sendo habitual.

Polo tanto, consideramos que o alcalde debe poñerse a traballar e axilizar este proceso de adxudicación dun servicio fundamental para os nosos veciños, para resolvelo canto antes. Resulta lamentable que este alcalde teña tan pouca paixón polo traballo, porque se nun tema desta importancia vai con nove de retraso, que non fará con outros menos trascendentes.

En Burela,a nove de Febreiro de dous mil nove.

Exit mobile version