Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio Ambiente financiará dúas obras en Burela por valor de 770.000 euros

BURELA (FNC) .- O Concello de Burela recibirá estes días o proxecto que lle encargou a unha empresa para realizar unha importante obra no centro da vila onde se realizará a primeira fase “do separado de augas pluviais e residuais. É unha obra moi importante para a que lle temos solicitado axuda a Medio Ambiente e xa aceptou financiar ese proxecto”, explica o alcalde de Burela. Alfredo Llano asegura que o investimento ascenderá a preto de 600.000 euros e engade que “cando recibamos ese proxecto será tramitado inmediatamente para que siga o seu curso. É unha obra que beneficiará moito a Burela xa que evitará unha serie de problemas no futuro”.

Llano tamén anuncia un investimento de 170.000 euros na EDAR de Burela “nos pozos de bombeo para mellorar as condicións xerais de funcionamento. Estas obras comezarán en breve. Agora alí estanse facendo reparacións tras a desfeita que o temporal de finais de xaneiro causou nesa zona, sobre todo en Astilleros Armón”.

Portos de Galicia

O presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga estará o xoves en Burela, segundo adiantou hoxe o alcalde. Llano di que “visitaremos as obras de ampliación do peirao, os locais dos armadores que xa están rematados, a confraría e tamén as obras de ampliación e mellora que se realizaron na Moncloa”.

Exit mobile version