Site icon Crónica3.com A Mariña

Mercado de Inverno de Productos Ecolóxicos e de Temporada en Riotorto

RIOTORTO .- (FNC) Ás dez da mañá do vindeiro domingo 1 de marzo quedará aberto o II Mercado de Inverno de Productos Ecolóxicos e de Temporada que se desenvolverá en Riotorto. Segundo explica o alcalde, Federico Gutiérrez Estoa, “é a segunda vez que o facemos, xa que o ano pasado puxemos en marcha estes mercados estacionais coincidindo coas estacións metereolóxicas e así celebramos ao longo do ano ata catro mercados. Podemos dicir polo tanto que con esta cita do domingo iniciamos de novo o ciclo”.
O rexedor sinala que “no mercado os expositores ou vendedores porán á venda productos ecolóxicos e tamén productos de temporada centrados sobre todo no porco. É un mercado especializado, un pouco diferente ao que é o mercado tradicional que se celebra de xeito habitual nas vilas. Ademáis de porco poderemos atopar queixos, pan, repostería e verduras e hortalizas desta época do ano”.
Federico Gutiérrez engade que “o enclave será a Praza das Rodrigas na capital do concello aínda que si chove podería trasladarse ao pavillón polideportivo. O que pretendemos é dinamizar un pouco os productos agrogandeiros, xa que viviemos na zona rural e hai pequenas explotacións agrícolas o que queremos é mover o comercio deses productos e dinamizar a economía de Riotorto”.
De xeito paralelo a este mercado desenvólvense actividades divulgativas que este ano estarán centradas nas marxes abusivas que se aplican aos productos alimenticios. Nas inmediacións do recinto haberá tamén unha feira de productos non alimenticios entre os que destacan os ferreiros de Riotorto e haberá tamén o sorteo dunha cesta de productos ecolóxicos e artesanais entre os visitantes.
O alcalde convida “aos veciños do noso concello a non perder esta cita, pero sobre todo aos veciños dos concellos limítrofes. Agardamos que se acheguen a disfrutar con nós deste II Mercado de Inverno de Productos Ecolóxicos e de Temporada”.
O mercado que organizan o Concello de Riotorto coa colaboración da Asociacións de Empresarios e Comerciantes e a Consellería de Innovación e Industria estará aberto ata as tres da tarde.

Exit mobile version