Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela asegura que se presentaron en prazo as obras para o plan de Deputación e rexeita as acusacións do PP

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, asegura que mandou en prazo tanto a obra principal coma a complementaria que se realizarán con cargo ao POS de 2009 por parte da Deputación. Llano dille ao portavoz do PP que “moito mellor sería para el que controlase os documentos de rexistro de saída do Concello onde podería apreciar que foi enviada dentro de prazo tanto a obra principal (que é a construción de bierarúas e canalización do alumeado público na Marosa) coma a complementaria (que é a renovación do alumeado público no parque Rosalía de Castro)”.

O alcalde de Burela asegura que “estes dous proxectos saíron xuntos e en prazo e están, segundo me consta a min, na Deputación. A ver que tipo de manifestacións fai o Sr.Barcia sen documentarse o suficiente co único propósito de desprestixiar. El debería estar agora traballando por Burela e mirando na Deputación si existía algunha razón pola que non se poida dar esa complementaria en vez de estar largando a través dos medios de comunicación cousas que non son certas”. Llano reitera que “os proxectos están na Deputación e foron presentados en prazo”.

Exit mobile version